[...] A "Unión General de Trabajadores" considera que a sentenza do Tribunal Supremo relacionada co dereito de folga non supón un cambio de criterio por parte do alto tribunal a pesar das desafortunadas interpretacións que conducen a erro. Algúns titulares daban a entender que o TS cambiaba de criterio sobre a vulneración do dereito de folga ao substituír a actividade dunha empresa cuxos traballadores están en folga por outra empresa, pero esta interpretación non se corresponde coa realidade xa que o tribunal analiza a actuación dunha soa empresa e un caso moi particular. O sindicato lembra que existen outros pronunciamientos, tanto do TS como do TC, nos que se determina que a substitución dos traballadores folguistas e a substitución da actividade dunha empresa cuxos traballadores están en folga por outra empresa coa que existe unha “especial vinculación” vulneran o dereito de folga.
En primeiro
lugar, o sindicato quere chamar a atención sobre o feito de que sexa
agora, despois de catro meses de haberse ditado, é de data 16 de
novembro de 2016, cando salte aos medios. E en segundo lugar, a
inexactitud coa que se divulgou até o extremo de que o propio
Tribunal Supremo tivo que emitir unha Nota aclaratoria desmentindo
titulares e contidos acerca desta Sentenza.
O dereito de
folga, con recoñecemento no art.28.1 da CE como dereito fundamental,
conta cunha amplísima, rotunda e pacífica doutrina jurisprudencial
constitucional, ademais de científica.
Por todo iso, UGT considera que a
importancia que se lle deu a esta sentenza non se corresponde coa
realidade [...]