UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse o día 15 porque xa chegou a hora de rescatar ás persoas
UGT e CCOO convocan nove mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas baixo o lema “As persoas e os seus dereitos: o primeiro”
O
secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto co
máximo responsable do S.N. de CCOO de Galicia, ofreceron hoxe en
Santiago unha rolda de prensa na que presentaron as mobilizacións que
ambos sindicatos convocan para o vindeiro xoves, día 15, en todo o
Estado e que en Galicia se traducirán en nove actos, seis concentracións
e tres manifestacións. Todas elas baixo o lema “As persoas e os
seusdereitos: o primeiro”.
José Antonio
Gómez fixo fincapé en que é o momento de reverter as cousas e a maioría
dos traballadores reclaman solucións urxentes aos seus problemas. Xa non
poden agardar máis. É hora de repartiros froitos do crecemento
económico, recuperar dereitos e rescatar ás persoas. Apuntou que é o
momento de negociar, máis tamén de mobilizar para esixir que o diálogo
social se traduza en resultadostanxibles.
Chegou o
momento de atender á cidadanía, saír da senda da desigualdade e a
pobreza, reducir substancialmente o desemprego e impulsar uncrecemento
económico sostible, con máis e mellores empregos,mellores salarios,
garantía para as pensións e o seu poder adquisitivo, así como, recuperar
as liberdades e dereitosdemocráticos perdidos nestes últimos anos de
crise que os gobernosdo PP aproveitaron para mudar o modelo social deste
país.


Seben
é certo que o Goberno do PP fala continuamente de diálogo
econcertación, tamén o é que as medidas e decisións que se
están adoptando non van todas neste camiño. Preséntanse uns
orzamentos,tanto en Galicia como no Estado, que para nada están
deseñados para axudar ás persoas, sobre todo, ás que saíron máis mancadas
da crise. Neste senso, dende UGT-Galicia incídese na necesidade de poñer a
andar a prestación de ingresos mínimos demandada por ambos sindicatos e
impulsada a través dunha ILP.

Insistiu en
que se ben o diálogo político nesta nova etapa parlamentaria quese
abriu tras o último proceso electoral vai ser moi importante,tamén o
terá que ser o diálogo cos axentes sociais porque as organizacións
sindicais son a voz dos traballadores e queren mudar as cousas. E, para
isto, hai que combinar mobilización con negociación, presión e diálogo.
Por isto, estas, as do día 15, serán as primeiras mobilizacións dun
camiño sostido no tempo quede seguro obrigará a máis.

Éo
momento de reverter as cousas, estase diante a reactivación económica;
hai que loitar polo emprego de calidade; derrogar as reformas laborais; a
Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración local; o
artigo 315.3 do Código Penal; os recortesen educación e no resto dos
servizos públicos; reformar a fiscalidade; e garantir as pensións;
reforzar os sistemas deprotección social e a igualdade real e efectiva.
Por todo
isto, UGT-Galicia chama á cidadanía galega de mobilizarse ovindeiro día
15 nos actos convocados en Galicia: concentracións en Lugo (12.00 na
Sudelegación do Goberno), Viveiro (19.30 na Oficinade Turismo), Santiago
(19.30 no Parlamento de Galicia); Ourense(20.00 na Subdeleración do
Goberno), Pontevedra (12.00 naSubdelegación do Goberno) e Vilagarcía
(19.00 Praza de Galicia).Tamén haberá manifestacións en Vigo, ás 20.00
horas con saída deVía Norte; A Coruña, ás 20.00 horas con saída da Praza
da Palloza; e en Ferrol ás 20.00 horas tamén con saída da Praza
deEspaña.