12 de decembro as 10:30 horas
Compostela: asemblea conxunta UGT-CC.OO no Salón de Actos de
UGT. Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 12.
Asistindo membros das C.E. de UGT e CC.OO
de
Galicia.
Hai que facer un reparto máis xusto da riqueza coa negociación colectiva, hai que derrogar a reforma laboral
Temos moitas razóns para mobilizarmos. Temos que recuperar dereitos
As
mobilizacións convocadas para o 15 dedecembro son mobilizacións
democráticas para esixir que se reparta doutramaneira a riqueza e
recuperar dereitos. Hai millóns de traballadores en Españaque seguen sen
ter emprego. Hai millóns de persoas con enormes dificultadespara vivir
dignamente. E ter traballo non é garantía de conseguilo.
Adesvalorización salarial é abafadora. O 35% dos asalariados en España,
5,6millóns de asalariados, cobran en media anual un soldo inferior ao
salariomínimo interprofesional (SMI), e, deles, máis de 3,6 millóns de
traballadoresviven con menos da metade do SMI.
Os
traballadores tivemos que consentir moitosrecortes salariais e de
condicións de traballo para non perder o posto detraballo ou acceder a
un, situación favorecida por unha reforma laboral queimpulsou esa
desvalorización no emprego. Hoxe hai moitísimos traballadorespobres.
Mentres, vemos como a economía crece e que as empresas
obteñenbeneficios. Vemos como saímos da crise económica, pero non da
crise social. O noso país necesita un plan para crearemprego con
dereitos.
Para
UGT é prioritario rescatar ás persoas deoito anos de intensa crise e
políticas de recortes. O crecemento económico nonlogrará iso por si só.
UGT lembra que o noso país necesita un plan para crearemprego con
dereitos (1 de cada 5 españois está no paro, a metade dosdesempregados
son de longa duración, e un de cada dous mozos non ten traballo),para
asegurar as pensións e mellorar o sistema de protección social (a
metadedos parados non teñen ningún tipo de cobertura) e combater a
pobreza crecentemesmo entre a poboación traballadora (700.000 familias
non teñen ningún tipo deingresos, 1,5 millóns de fogares teñen a todos
os seus membros en paro, e un decada catro cidadáns vive por baixo do
limiar da pobreza) mediante melloressalarios e empregos estables.
Agora,
o presidente do Goberno afirma estardisposto a abrir o diálogo social,
pero o primeiro que fixo foi fixar límites ánegociación e impedir
cambiar reformas como a laboral. Por iso, UGT e CCOOacordamos o inicio
gradual de mobilizacións, para esixir que se reparta doutramaneira a
riqueza e recuperar dereitos para os traballadores. E os cidadánsteñen
que ter claro que se quere recobrar os seus dereitos teñen que loitar
por eles.