UGT xa gañou ante os Xulgados do Social a equiparación das indemnizacións
A Unión Xeral de Traballadores puxo en marcha unha campaña
para que os traballadores temporais e interinos poidan reclamar o seu dereito á
mesma indemnización que os traballadores fixos cando finalizan o seu contrato.
A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE)
corrixe a lexislación española e anula a discriminatoria indemnización aos
contratos temporais en España, dándolle un ?tirón de orellas? ao Goberno
español.
Para o sindicato, é unha emenda á totalidade das reformas
laborais que se fixeron neste país nos últimos anos. E non é a primeira vez que
este Tribunal bota por terra parte da lexislación laboral española en materia
de contratación e insta a devolver os dereitos que os traballadores perderon
coas reformas laborais.
Desta forma, esta sentenza, de obrigado cumprimento e que
afecta tanto o sector público como ao privado, sinala que o contrato indefinido
debe ser a regra xeral na contratación, non podendo discriminar aos
traballadores segundo sexan temporais ou indefinidos.
Neste sentido, un contrato temporal debe ter unha causa para
selo e se ten un motivo para finalizar, tamén debe ser indemnizado de maneira
correspondente pola devandita causa, non por ser temporal.
Por iso, se o teu contrato é temporal e ten unha causa obxectiva
de finalización, UXT pon a disposición todas as súas sedes nacionais para que
poidas reclamar o teu dereito á indemnización como a dos traballadores
indefinidos.
Ademais, se xa percibiches a túa indemnización porque o
despedimento foi anterior á devandita sentenza, debes saber que podes reclamar
a diferenza, xa que no caso do emprego privado podes reclamar un ano atrás; e
no público, nalgúns casos, catro anos cara atrás.
UXT xa gañou en España ante os Xulgados do Social a
equiparación das indemnizacións. Acode ás nosas sedes e reclama os teus
dereitos.