UGT e CCOO convocan concentracións mañá nas cidades e vilas galegas para demandar “Traballo decente xa”
OS.N.
de CCOO e UGT-Galicia chaman á cidadanía galega a participar nas
concentracións convocadas para mañá, excepto en A Coruña quese vai
celebrar hoxe, nas principais cidades e vilas galegas baixo olema “Alto á
avaricia corporativa. Non aos contratos lixo, aosbaixos salarios e á
precariedade. Traballo decente xa!!!”.
Lembrar que
cada 7 de outubro, dende o ano 2008, a CSI ven promovendo a celebración
da Xornada Mundial polo Traballo Decente como día de mobilización mundial
en que todos o sindicatos se manifestan esixindo o traballo decente.
Este ano,
UGT e CCOO convocan esta xornada baixo o lema “Alto áavaricia
corporativa. Non aos traballos lixo, aos baixos salarios e
áprecariedade. Traballo decente xa!!!”. Ambos sindicatos consideranque
este modelo no que prima a avaricia prexudica a millóns de persoas que
traballan en condicións de escravitude, explotación ou irregularidade,
por salarios baixos ou miserentos que estenden a pobreza. Un modelo que,
ademais, suprime dereitos fundamentais,incluídos os que lles permiten ás
traballadoras e traballadores organizárse, negociar e defendérse
colectivamente. As políticas de austeridade, as sucesivas reformas
laborais e a Lei mordaza agravaron a situación.
CCOO
e UGT esixen traballo decente, respecto aos acordos denegociación
colectiva e aos dereitos laborais das persoas directamente empregadas
polas empresas e as grandes multinacionais,pero tamén dos traballadores e
traballadoras que constitúen unha man de obra oculta mediante as
diferentes fórmulas de subcontratación, deslocalización ou franquías. É
preciso establecer mecanismos reais e efectivos que permitan
esixir responsabilidades ás empresas pola súa actuación, tanto dentro coma
fóra do noso país.