mércores, 18 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS


O galego perténcelle a toda a sociedade; é de todas e todos nós, un tesouro colectivo que debe ficar alleo de calquera tipo de confrontación. 



       A fala. Manuel María


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.


O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo[...]



Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)