QUE FACER PARA SER DELEGADO OU DELEGADA DE UGT ?
É moi sinxelo, verás:
1. Seguro que coñeces a alguén de UGT. Na túa empresa pode haber delegados ou delegadas de UGT, no Comité de Empresa, ou pode estar organizada a Sección Sindical de UGT, ou , senón, coñecerás a algunha persoa que saibas que está afiliada a UGT, Calquera pode darche a información inicial que requiras ou para poñerte en contacto co Sindicato.
2. UGT
é o Sindicato con máis afiliación de Galicia, seguramente, na contorna
das túas amizades e coñecidos haberá quen sexa representante dos
traballadores ou estea afiliado ou afiliada a UGT, eles tamén poden poñerte en contacto co Sindicato.
3. Dirixirte por teléfono, correo electrónico ou persoalmente a calquera das sedes que UGT ten por toda Galicia. Para ter esta información só tes que seguir esta ligazón:
|
|||
FOLLETO DE ELECCIÓNS SINDICAIS. DEREITO E GARANTÍATodo o que precisas saber sobre que son as eleccións sindicais?, po que participar?, por que con UGT, cales son as garantías, os dereitos e as obrigas?, as alternativas que defende UGT e que facer para ser delegado ou delegada de UGT? |
|||
O que
reivindica, o que non se resigna, o que cuestiona as decisións, o que
pelexa polo seu, o activista laboral non gusta aos empresarios; por iso
pode sufrir represalias de moitos tipos no seu traballo, e por iso a lei
-cando actúa en representación dos compañeiros que o elixiron nas
eleccións sindicais- concédelle algunhas proteccións, que non
privilexios.
As eleccións sindicais crean un mecanismo de interlocución dos traballadores en cada empresa.
|
VIDEOSCOÑECE OS TEUS DEREITOS |
||
Xornada,días libres e vacacións Prestacións por desemprego Traballo a tempo parcial |
Baixa por enfermidade Contrato de traballo Entrevista de traballo |
Despedimento laboral Horas extras A nómina |