OFRENDAFLORALAPABLO IGLESIAS |
No
parque do seu nome, fronte o Edificio
Administrativo da Xunta en San Caetano.
| 11 |
MANIFESTACIÓN // SANTIAGO | ALAMEDA | 12.00 |
Neste 1 de Maio, esiximos un cambio urxente
na política económica no noso país, que poña no centro a creación de
emprego estable e con dereitos, e a loita contra a pobreza e a
desigualdade social e salarial, a partir de incrementar o investimento
público e pór en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e
equilibrado.
************
O secretario xeral de UGT-Galicia, José
Antonio Gómez, presentou hoxe en Santiago nun encontro cos medios de
comunicación os actos convocados en Galicia por UGT, xunto con CCOO,
para a celebración do Primeiro de Maio que nesta data desenvolverase
baixo o lema "Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos".
UGT
chama á cidadanía galega a participar nos actos do Primeiro de Maio
para demandar un cambio radical das políticas destes últimos anos
O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio
Gómez, presentou en Santiago nun encontro cos medios de
comunicación os actos convocados en Galicia por UGT, xunto con CCOO,
para a celebración do Primeiro de Maio que nesta data desenvolverase
baixo o lema “Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos”.
José
Antonio Gómez fixo un chamamento á cidadanía galega á participación
nestes actos para alzala voz co fin de esixir un cambio radical das
políticas destes últimos anos que só trouxeron desazón e pobreza para as
familias.
Porque as
familias seguen a sufrir as consecuencias da crise e dos recortes
impostos polos gobernos, os traballadores ven como día a día merman os
seus dereitos e xa son moitos os que están sumidos nun círculo vicioso
de temporalidade e precariedade e que a duras penas conseguen vivir con
dignidade.
E, nun
contexto no que algúns aseguran que se está a producir unha tímida
melloría, as familias seguen sen percibila. Ademais, xa son moitos os
que auguran unha nova ameaza a nivel mundial de inestabilidade económica
e, sobre todo, enorme incerteza. Acompañado isto das dúbidas que
xurdiron nas últimas semanas sobre a situación real do sistema
financeiro, especialmente, dalgunhas entidades sistémicas de Alemaña ou
Francia. Pasou case unha década dende que no verán do ano 2007 comezaran
a manifestarse os problemas no sector financeiro mundial e seguimos cos
mesmos problemas de fondo.
Así, a
economía da eurozona saíu da recesión pero continúa enferma, cun
crecemento raquítico, cunha inflación case en negativo e cunha taxa de
desemprego nos niveis máis altos da súa historia.
************
************
MANIFESTACIÓNS DO 1 DE MAIO DE 2016
LOCALIDADE
|
SAÍDA
|
HORA
|
A CORUÑA | Praza Palloza | 12.00 |
FERROL | Praza Inferniño | 12.00 |
SANTIAGO | Alameda |
12.00 |
LUGO | Casa Sindical | |
VIVEIRO | Edificio Sindicatos. Garcia Doriga | 12.30 |
OURENSE | Pavillón dos Remedios | 11.30 |
AROUSA | Praza da Ravella | 12.00 |
PONTEVEDRA | Praza da Ferrería | 11.30 |
VIGO | Cruce Vía Norte/Escultor Gregorio Fernández | 11.30 |
MANIFESTO CONXUNTO UGT/CCOO
OCTAVILLA
ACTOS PROPIOS DE UGT
Unión
|
Acto
|
Día
|
Hora
|
Coruña
|
13ª Entrega premios 1º de Maio. Sede UGT
|
22/4
|
11.30
|
Entrega floral Cemiterio Civil
|
1/5
|
10.00
|
|
Entrega floral Praza Pablo Iglesias
|
1/5
|
11.00
|
|
Ferrol
|
Ofrenda floral Pablo Iglesias
|
1/5
|
11.00
|
Compostela
|
Ofrenda floral Pablo Iglesias
|
1/5
|
11.00
|
Vigo
|
Ofrenda floral no Cementerio de Pereiró
|
1/5
|
10:00
|
Ourense
|
Ofrenda floral Pablo Iglesias
|
1/5
|
10.30
|
Lugo
|
Ofrenda floral a un compañeiro no cemiterio de Outeiro de Rei
|
1/5
|
10:00
|
Ofrenda floral a un compañeiro no cemiterio de cemiterio de Castelo en Lugo
|
10:30
|
||
Lemos
|
Ofrenda floral Pablo Iglesias
|
29/4
|
18.00
|