martes, 20 de xaneiro de 2015

UGT ASINA O PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL [...]


 





UGT asina o Acordo sobre liñas complementarias para o desenvolvemento en Galicia do Programa de garantía xuvenil e do Programa de activación para o emprego.


Un Acordo imprescindible para unha situación insostible

 Con este acordo, que se enmarca no contexto dunha crise de longa duración e forte intesidade e que está a ter un forte impacto sobre a ocupación, preténdese abordar unha serie de medidas complementarias para aplicar en Galicia aos dous programas aprobados a nivel do Estado e dirixidos aos colectivos con especial afección polo desemprego, mozos menores de 25 anos e persoas desempregadas de longa duración. Estímase que, segundo a EPA do terceiro trimestre de 2014, existen en Galicia 38.400 mozos menores de 25 anos que entrarían dentro do grupo de actuación do Programa de garantía xuvenil. No caso dos parados de longa duración, segunda a información do SPEG, serían potenciais beneficiarios do Programa extraordinario de activación para o emprego nesta Comunidade preto de 20.000 persoas.