martes, 9 de decembro de 2014

LEMBRANDO. CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015









                                                                                                                                                              



O valedor do pobo admite a trámite á solicitude de FETE-UGT para que o profesorado recupere o 100% da paga extra de 2015.
 
 
  • O valedor do pobo admite a trámite á solicitude de FETE-UGT para que o profesorado recupere o 100% da paga extra de 2015.
    O pasado 28 de novembro FETE-UGT Galicia acudiu ó valedor do pobo para solicitar que o profesorado de Galicia recuperase o 100% das pagas extras, despois de dous anos consecutivos con reducións na nosa comunidade autónoma das devanditas retribucións.
    Tras analizar a nosa solicitude o valedor decidiu admitir a trámite o noso escrito e, dado que existe cobertura constitucional, de acordo co que recolle o artigo 103.1 da constitución, iniciará as actuacións oportunas ante a Consellería de Facenda.
    No proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2015  non se establece  novamente a retribución do complemento específico nas pagas extraordinarias o que contradice o establecido  no Estatuto Básico do Empregado Público e supón un claro agravio comparativo con respecto ós docentes da maior parte do Estado, algo que ó noso entender, podería conculcar principio de igualdade consagrado no artigo 14 da Constitución Española.
    Pública de FETE-UGT Galicia

Documentos adxuntos a este artigo: ADMISION A TRAMITE VALEDOR    ESCRITO VALEDOR   ESCRITO VALEDOR