22 de febreiro, Día pola igualdade salarial entre mulleres e homes
As mulleres galegas cobran un 23,3 por cento menos que os homes e teñen a ganancia media por hora menor de todo o Estado
Un
ano máis, o 22 de febreiro conmemórase o Día pola igualdade salarial
entre mulleres e homes. Unha xornada para denunciar a desigualdade
salarial por sexos e demandar a súa erradicación que debe ser abordada
sen escusas en todos os ámbitos, non só no laboral, senón taménn no
político, económico e social.
O
22 de febreiro constítúe en día simbólico que se celebra dende o ano
2010 tomando como referencia a diferenza media de salarios entre
mulleres e homes de todos os países da UE, calculando os días de máis
que ten que traballar unha muller respecto a un home para cobrar o
mesmo. UGT-Galicia incide en que o salario condiciona o presente e o
futuro, xa que, por un lado, é garantía de independencia da muller pero
tamén repercute na protección futura.
En
todos os tratados da UE plásmase o principio de igualdade de
retribución para homes e mulleres por un traballo igual pero a brecha
salarial por sexos segue sendo notoria. Concretamente, en Galicia, dun
23,3 por cento. O salario medio anual percibido en Galicia no 2012 foi
de 17.737 euros. No caso dos homes foi de 19.865 e no das mulleres de
15.227, 4.638 euros ao ano menos que os homes...
|