127.000 desempregados galegos non teñen ningún tipo de cobertura
Os datos de paro rexistrado do mes de
febreiro seguen demostrando que a realidade non ten nada que ver cos
discursos triunfalistas que proclaman os gobernos central e da Xunta.
UGT insiste en que é preciso potenciar a capacidade adquisitiva dos
salarios e das prestacións e evitar a continua degradación de
asalariados e parados e para reactivar urxentemente a economía e o
emprego.
Preocupante cifra de afiliación á Seguridade Social, só 902.990 cotizantes no mes de febreiro, 6.300 menos que hai un ano
O descenso do dato de paro rexistrado nalgúns colectivos é consecuencia da saída cara fora de Galicia de poboación traballadora, especialmente mozos menores de 25 anos
No mes
de febreiro de 2014 houbo 280.071 desempregados en Galicia,1.006 menos
que no mes anterior, unha caída do 0.4% con respecto ao mes precedente.
No Estado hai 4.812.486 persoas desempregadas, manténdose a cifra
practicamente, tan só cae o 0.04%. Na maioría das comunidades autónomas
diminúe o paro no mes.
En
termos interanuais, cae o desemprego en Galicia en -12.752 persoas, o
4.4%, unha caída similar a ocorrida no Estado, con -227.736 persoas, co
4.52%.
Febreiro
|
Variación mensual
|
Variación interanual
|
2004
|
-1,6
|
3,2
|
2005
|
-1,6
|
-2,0
|
2006
|
-1,7
|
-4,4
|
2007
|
-1,6
|
-9,8
|
2008
|
0,4
|
0,6
|
2009
|
2,6
|
27,6
|
2010
|
1,1
|
13,4
|
2011
|
1,0
|
6,0
|
2012
|
1,2
|
10,6
|
2013
|
0,7
|
6,6
|
2014
|
-0,4
|
-4,4
|
Dende
2007 non se producía unha caída no mes nin interanual en febreiro, pero é
que estamos en valores insostibles e, ademais como recentemente
publicou a EPA, hai unha contracción na poboación en idade de traballar
pola saída de poboación cara fóra.De feito o desemprego dos estranxeiros
diminúe nun ano o 10.3%, hai unha saída de persoas que formaban parte
do noso mercado laboral, ante a clara falta de expectativas.
Por
sexos, no mes, tanto en homes como mulleres diminúe o paro, caendo o
0.3% nos homes e nas mulleres o -0.5%. En termos interanuais, polo
contrario, cae máis nos homes, -5.3%, que nas mulleres, o -3.4%. No que
respecta ao ano, o mercado laboral masculino é o máis beneficiado, de
feito a muller representa o 51% no total de paro.
A caida do paro en menores de 25 anos está provocada pola saída fora de Galicia
Por
idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 17.553 persoas, o
que supón unha “caída” de só 6 persoas no mes, o -0.03%. En termos
interanuais, hai unha caída moi elevada, o 15.93%, o “por que” desta
caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade. Hai
-3.325 parados menos deste tramo de idade nun ano.
No mes,
por sectores, medra no mes na Construción e no colectivo Sen emprego
anterior, 0.17% e 0.54%, respectivamente. Caendo no Primario, -0.9%, na
Industria, -0.6% e nos Servizos, -0.51%
Interanualmente,
para comparar datos homoxéneos, cae na Construción nada menos que o
12.7%, no colectivo Sen emprego anterior, -5.83% (unha vez máis
compróbase a saída de efectivos do mercado laboral galego), na
Industria, o -5.6% e nos Servizos o -1.93%, tan só medra no Primario, o
2.06%.
O número
de contratos rexistrados en Galicia durante febreiro foi de 45.525,
unha considerable contracción con respecto ao mes precedente, xaneiro,
do 19.1%. Caen tanto os temporais, o 19.91%, coma os indefinidos, o
10.2%.
Interanualmente
medra a contratación o 11.6%, pero os indefinidos teñen un moi leve
repunte, o 0.25% mentres que o principal aumento dáse nos temporais.
12.94%
Preocupante
é a cifra do número de beneficiarios con prestacións en Galicia, son
154.129 en xaneiro (entre prestacións contributivas, subsidio e renda
activa de inserción). A taxa de cobertura é do 59.4%, sendo destacable
que no estado é máis elevada, o 61.4%.
Hai
127.000 persoas paradas en Galicia sen ningún tipo de cobertura,
desempregados e desempregadas galegas que non perciben ningunha axuda
estando en fortísimo risco de exclusión social.
A media
de afiliados á Seguridade Social é realmente preocupante, tan só 902.990
cotizantes no mes de febreiro en Galicia, o que supón unha caída de
6.300 afiliados con respecto a un ano. Aínda que no mes teña un leve
aumento de 1.613 (0.2% máis) non compensa nin de lonxe as caídas que
levamos acumuladas.
GALICIA
|
2014/Febreiro
|
VARIACIÓN SOBRE
|
|||
Mes anterior
|
Mesmo mes ano anterior
|
||||
nº
|
%
|
nº
|
%
|
||
DESEMPREGO
|
|||||
Nº desempregados rexistrados
|
280.071
|
-1.006
|
-0,36
|
-12.752
|
-4,35
|
* homes
|
137.182
|
-345
|
-0,25
|
-7.664
|
-5,29
|
* mulleres
|
142.889
|
-661
|
-0,46
|
-5.088
|
-3,44
|
Nº parados mozos < 25 anos
|
17.553
|
-6
|
0,0
|
-3.325
|
-15,93
|
Nº desempregados estranxeiros
|
13.412
|
137
|
1,0
|
-1.535
|
-10,3
|
Nº desempregados por sectores*
|
|||||
* agricultura
|
9.729
|
-88
|
-0,9
|
196
|
2,06
|
* industria
|
38.781
|
-233
|
-0,6
|
-2.285
|
-5,56
|
* construción
|
41.445
|
69
|
0,2
|
-6.010
|
-12,66
|
* servizos
|
168.447
|
-870
|
-0,5
|
-3.311
|
-1,93
|
* sen emprego anterior
|
21.669
|
116
|
0,5
|
-1.342
|
-5,83
|
Beneficiarios prestación por desemprego (xaneiro)
|
154.129
|
||||
Taxa de cobertura (xaneiro)
|
59,39
|
||||
CONTRATACIÓN
|
|||||
Nº contratos
|
45.525
|
-10.720
|
-19,06
|
4.723
|
11,58
|
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)
|
4.408
|
-500
|
-10,19
|
11
|
0,25
|
Nº contratos temporais
|
41.117
|
-10.220
|
-19,91
|
4.712
|
12,94
|
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL
|
|||||
Nº afiliados (datos provisionais)
|
902.990
|
1.613
|
0,18
|
-6.299
|
-0,69
|
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS