mércores, 26 de febreiro de 2014

UGT VIGO. NOVAS.





                                                                                                                                                             


A Alianza Social Galega convoca mobilizacións "Por outra saída da crise" para o vindeiro día 27 de febreiro
Lunes, 24 de Febrero de 2014 11:58
A Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o vindeiro 27 de febreiro en varias localidades galegas baixo o lema "Por outra saída da crise", buscando unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos de Galicia e do Estado español. Así o anunciaron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; da CIG, Xesús Seixo; e do S.N. de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, que compareceron esta mañá en rolda de prensa acompañados de representantes doutras organizacións que forman parte da Alianza Social Galega.
Haberá manifestacións nas sete principais cidades.
En Vigo será as 19:30 con saída dende Vía Norte

A Alianza Social Galega subliña que nunha conxuntura con 271.500 persoas en situación de desemprego e case co 45% que carecen de coberturas, o Goberno da Xunta presenta un Orzamento que non contén medida ningunha para reactivar a actividade económica e o emprego.
Denuncia que os gobernos de Rajoy e Feijoo impoñen cada día novos e constantes recortes, entre os que salienta unha reforma laboral estéril e moi prexudicial para os traballadores, cun novo paquete de medidas que flexibiliza e desregula o contrato a tempo parcial; recortes nas pensións; retrocesos no ensino público; agresións á sanidade pública; paralización e marcha atrás na aplicación da Lei de Dependencia; privatización dos servizos públicos municipais; un ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres; a implantación dun estado policial coa reforma da Lei de seguridade cidadá e do Código penal; a reforma da Lei hipotecaria, insuficiente e que non contén solucións estruturais; un conxunto de políticas que van cara a desertización do rural e destrución do medio; e o progresivo desmantelamento da política pública de cooperación ao desenvolvemento.
Ante esta crítica situación, a Alianza Social Galega fai un chamamento ao conxunto da sociedade para que saia á rúa masivamente a manifestar a súa oposición a estas políticas e a reclamar outras máis xustas e solidarias que beneficien ao conxunto das galegas e galegos e non só a aqueles que provocaron a crise.
As mobilizacións terán lugar nas sete cidades, o día 27 de febreiro contra as 20:00 horas. Segundo se adiantou na rolda de prensa, a Alianza Social Galega intentará que se convoquen tamén mobilizacións en vilas pequenas que aínda están por confirmar.
 
La saturación del Fogasa retrasa hasta dos años las indemnizaciones por despido
Jueves, 13 de Febrero de 2014 18:14
 











El Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), entidad a la que se ven obligados a encomendarse los trabajadores despedidos cuando sus empresas no pueden hacer frente al abono de las indemnizaciones, está saturado. En el caso de la provincia de Pontevedra los expedientes se acumulan (en el último año se registraron 6.892) hasta provocar retrasos de dos años en el abono de cantidades a los afectados. La deuda total correspondiente a los 3.467 expedientes ya aprobados asciende a 29,6 millones de euros. Más de un centenar de personas asistieron esta mañana a la concentración convocada por CC. OO. y UGT ante la sede del organismo en Vigo en la calle Venezuela, para denunciar la situación que,«se agrava cada día que pasa».
«La indefensión es total»
Domingo Barros de UGT, señala que «el ministerio de Empleo no tiene ningún interés en solucionar el problema». Explica que si lo tuviera ampliaría la plantilla del Fogasa que, subraya, en el caso de Vigo mantiene a las mismas ocho personas que en 2006, cuando el número de expedientes no llegaba a 700: dos letrados, tres administrativos y otros tres auxiliares.
 
El papel de los salarios y las pensiones es determinante para la recuperación
Lunes, 16 de Diciembre de 2013 16:43
Los precios de consumo en España vuelven a registrar tasas positivas en el mes de noviembre, superando la caída el pasado mes, en el que el IPC cayó una décima. UGT señala que la moderación registrada en los precios se debe a la debilidad de la demanda interna y las continuas caídas del consumo y la inversión y denuncia que el peso íntegro de la moderación de los precios está siendo soportado en exclusiva por los trabajadores y los pensionistas. El sindicato reclama un cambio radical en la política económica y laboral del Gobierno y que ésta pase a tener como objetivo prioritario la recuperación de la actividad económica a través de políticas expansivas y de estímulo, que traigan consigo la creación de empleo y exige que incremente dos indicadores cruciales para los trabajadores y los ciudadanos como el SMI (hasta que alcance el 60% del salario medio, tal y como marca la Carta Social Europea), que no cógele nuevamente el IPREM y que retire medidas como la última reforma de pensiones que va a provocar un recorte de las pensiones.
Según los últimos datos publicados hoy por el Instituto Nacional de Estadística (INE) el Índice de Precios de Consumo (IPC) se situó en el mes de noviembre de 2013 en el 0,2% en términos interanuales, lo que supone un aumento de tres décimas con respecto al registrado en el mes anterior. Con ello, los precios vuelven a registrar incrementos interanuales tras el descenso registrado en el mes anterior. Por su parte, la tasa de variación mensual del IPC ha sido del 0,2%, dos décimas menos que la registrada en el mes de octubre.
La inflación subyacente, que mide la variación general de precios descontando los alimentos no elaborados y los productos energéticos, ha crecido dos décimas hasta situarse en el 0,4%, superando al índice general en dos décimas.
Por lo que se refiere al Índice de Precios de Consumo Armonizado (IPCA), la tasa de variación anual se ha situado en el 0,3%, aumentando tres décimas con respecto a octubre. Mientras, el IPCA de la Zona Euro se sitúa en el 0,9%, con lo que el IPCA de España continúa por debajo del de los países con los que compartimos moneda, lo que supone un incremento de la productividad de los productos españoles vía precios.
 
Os sindicatos e a cidadanía en xeral, solicitamos o INDULTO para Carlos e Serafín
Martes, 04 de Febrero de 2014 16:26
Estes dous compañeiros foron condeados a 3 anos de cadea por participar na Folga do ano 2008, con motivo do conflicto polo Convenio de Transportes de Mercadorias da provincia de Pontevedra.
A pesar de quedar libres de calquera cargo por danos, foron inxustamente "axusticiados" por unha sentenza que creemos ten un caracter opresor sobre as movilizacións da clase traballadora e da cidadanía en xeral. Esa sentenza os considera cumpables dun delito establecido no Código Penal (art. 315.3) no tocante os dereitos dos traballadores en materia de folga. E aplicouselle a máxima pena prevista por ese delito.
Ainda que non teñen antecedentes penais de ningunha índole, perderon o recurso ante a Audiencia Provincial e se lles negou o indulto total e parcial. Agora os seus fillos de 3, 8, e 9 anos poderán ser testemuña de como os seus pais ingresan na cadea por defendeer os dereitos de todos os traballadores.
Por tal inxustiza, perdimos a cidadanía que asine a petición dun segundo e definitivo INDULTO e a paralización do ingreso en prisión.
 
O Índice de Produción Industrial baixa en relación ao mes anterior e é dous puntos inferior á taxa de hai un ano
Jueves, 12 de Diciembre de 2013 09:48
Segundo os datos que ofrece hoxe o INE, a taxa de variación anual do IPI en Galicia é do 1,5%, un dato positivo aínda que por debaixo da media do resto do Estado, onde foi do 1,8%. Ademais, UGT-Galicia subliña que a taxa de outubro baixa con respecto á de setembro (2,9%) e é dous puntos inferior á de outubro de 2012, 3,5%.
Para UGT-Galicia, as liñas de traballo de cara ao 2014 que debuxan tanto os Orzamentos Xerais do Estado como os da Xunta non van contribuír ao tan demandado cambio nas bases nas que se veu sustentando a economía nin van destinados a impulsar unha política industrial competitiva baseada na investigación e na innovación tecnolóxica. Uns presupostos nada proactivos para relanzar o crecemento, non conteñen políticas nesta dirección. Nin promoven unha mellora da base industrial, nin apoian decididamente o I+D+i, nin conteñen investimentos selectivos e estratéxicos, nin reforzan as dotacións para formación e cualificación profesional.
Poñen de relevo que seguen sendo uns Orzamentos de axuste, antisociais, dirixidos esencialmente a reducir o déficit e cun impacto real sobre a economía que será, en consecuencia, contractivo e non expansivo e que, lamentablemente, apunta a que o peor da crise para moitas persoas aínda está por chegar. A recuperación só será un feito cando existra un crecemento económico continuo que supoña a creación de emprego de calidade e de forma sostida. E dicir, a recuperación só será un feito cando se constate unha mellora do benestar dos fogares e das persoas.