martes, 11 de febreiro de 2014

UGT. NOVAS NACIONAL.


 27 DE FEBREIRO. COMPOSTELA. MOBILIZACIÓN
AS 20':00 HORAS NA ALAMEDA.

A taxa de variación anual do IPI en Galicia, un bo dato, pero que só será trasladable á economía real cando mellore o emprego




Segundo os datos que ofrece hoxe o INE, a taxa de variación anual do IPI en Galicia é do 4,4%, un dato positivo e superior á media do Estado, onde foi do 3,5%. Estas variacións interanuais susténtanse no caso galego nos bens de consumo non duradeiros, bens de equipo e na enerxía. No resto do Estado nos bens de consumo non duradeiros e nos bens de equipo.

O Sindicato insiste na necesidade dun cambio de modelo produtivo que impulse unha política industrial competitiva

Nin a EPA nin o paro rexistrado corroboran esta realidade, a recuperación real das familias aínda está afastada no tempo

Santiago, 7 de febreiro de 2014.- Segundo os datos que ofrece hoxe o INE, a taxa de variación anual do IPI en Galicia é do 4,4%, un dato positivo e superior á media do Estado, onde foi do 3,5%. Estas variacións interanuais susténtanse no caso galego nos bens de consumo non duradeiros, bens de equipo e  na enerxía. No resto do Estado nos bens de consumo non duradeiros e nos bens de equipo.

O que, incialmente, é un bó dato, non pode facer que se baixe a garda. UGT-Galicia demanda prudencia porque é pronto aínda para falar dunha tendencia. Ademais, dende o Sindicato insístese que, mentres estas taxas non vaian acompañadas da xeración de emprego, non se pode falar de recuperación da economía das familias, da economía real. E, segundo os datos do paro deste martes e da EPA do 23 de xaneiro esta conxuntura, por desgraza, aínda está afastada.
Tamén lle preocupan a UGT-Galicia, as liñas de traballo de cara ao 2014 que debuxan tanto os Orzamentos Xerais do Estado como os da Xunta, xa que non van contribuír ao tan demandado cambio nas bases nas que se veu sustentando a economía nin van destinados a impulsar unha política industrial competitiva baseada na investigación e na innovación tecnolóxica. Uns presupostos nada proactivos para relanzar o crecemento, non conteñen políticas nesta dirección. Nin promoven unha mellora da base industrial, nin apoian decididamente o I+D+i, nin conteñen investimentos selectivos e estratéxicos, nin reforzan as dotacións para formación e cualificación profesional.
Poñen de relevo que seguen sendo uns Orzamentos de axuste, antisociais, dirixidos esencialmente a reducir o déficit e cun impacto real sobre a economía que será, en consecuencia, contractivo e non expansivo e que, lamentablemente, apunta a que o peor da crise para moitas persoas aínda está por chegar. A recuperación só será un feito cando exista un crecemento económico continuo que supoña a creación de emprego de calidade e de forma sostida. É dicir, a recuperación só será un feito cando se constate unha mellora do benestar dos fogares e das persoas.
Outra saída é posible, facer compatible a austeridade cos estímulos á actividade económica e á creación de emprego. Urxe apostar por mudar as bases nas que se veu sustentando a nosa economía e impulsar unha política industrial competitiva baseada na investigación e na innovación tecnolóxica e no respecto ao medio ambiente.
Continuando coa análise dos datos, indicar que, segundo os datos elaborados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o Índice Xeral de Produción Industrial de Galicia rexistrou no último mes de decembro, con respecto ao mes anterior, un descenso do -9,4%, similar ao -9,6% do Estado.
Os maiores incrementos prodúcense na rama de “Artes gráficas e reprodución de soportes gravados”, o 59,5%, pero tamén é certo que é unha rama cun declive acumulado moi grande e na “Industria téxtil ”, que medra o 43,%.
O maior crecemento prodúcese nos bens de consumo non duradeiros, o 10,3%, no caso dos bens de consumo duradeiros cae o -13,5%, medra tamén en Bens de equipo 4,8 e na Enerxía o 4,1%.

Destino económico dos bens.
Decembro 2013
Índice
Taxa de variación anual (%)

Taxa de variación da media do que vai de ano (%)
Índice xeral
82,6
4,4
3,4
Bens de consumo
87,3
8,8
7,3
 Bens de consumo duradeiros
61,7
-13,5
-10,7
 Bens de consumo non duradeiros
89,3
10,3
8,5
Bens de equipo
62,1
4,8
0,9
Bens intermedios
71,5
0,5
-4,2
Enerxía
130,0
4,1
12,3
Fonte: INE
Por ramas de actividade, pódese observar as ramas que máis caen, en primeiro lugar destaca a forte caída das Coquerías e refinación de petróleo nun - 46,6%, cunha taxa de variación da media do que vai de ano positiva, 9,2%. E en segundo lugar a industria química, que tamén sufre un descenso -25,3% no ano 2013.

Por ramas de actividade.
Decembro 2013
Índice
Taxa de variación anual
Taxa de variación da media do que vai de ano (%)
Xeral
82,6
4,4
3,4
Industrias extractivas
25,0
-5,3
-24,6
Industria manufactureira
73,4
3,2
1,6
Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
139,0
8,5
13,3
Fonte: IGE
Dentro da industria manufactureira destaca a rama de “Artes gráficas e reprodución de soportes gravados”, o 59,5%, a “Industria téxtil ”43,0% e a “Confección de roupa de vestir”31,6%.

Por ramas de actividade.
Decembro 2013
Índice
Taxa de variación anual
Taxa de variación da media do que vai de ano (%)
08 Outras industrias extractivas
25,0
-5,3
-24,6
20 Industria química
64,3
-25,3
-8,2
13 Industria téxtil
93,2
43,0
-7,0
28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n.
74,6
-2,3
-12,1
24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes
82,9
-1,5
-7,0
32 Outras industrias manufactureiras
123,3
-6,1
20,4
19 Coquerías e refinación de petróleo
61,2
-49,6
9,2
11 Fabricación de bebidas
90,9
-10,7
-2,8
22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos
65,3
13,6
0,5
31 Fabricación de mobles
61,0
-14,4
-10,5
23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos
66,7
2,7
-0,9
29 Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques
61,7
19,5
21,9
10 Industria da alimentación
95,8
7,6
-0,3
30 Fabricación doutro material de transporte
49,3
-3,9
-23
16 Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría
73,6
-4,0
-1,9
17 Industria do papel
99,8
-0,8
1,9
35 Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado
139,0
8,5
13,3
25 Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento
56,5
-1,5
4,7
27 Fabricación de material e equipamento eléctrico
91,0
4,0
-2,2
14 Confección de roupa de vestir
87,5
31,6
32,1
18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados
61,2
59,5
3,1
15 Industria do coiro e do calzado - - -
21 Fabricación de produtos farmacéuticos - - -
26 Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos - - --
-3-3 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento - - -
(-)Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe
No seguinte cadro pódese apreciar a evolución anual do índice nos últimos anos no mes de decembro en Galicia.
 Evolución anual do Índice de Produción Industrial en decembro


2008 2009 2010 2011 2012 2013
 Galicia
-8,9
1,5
-9,0
-9,8
-4,3
4,4
Fonte: INE

En termos de taxa de variación anual, Galicia ocupa o a sexta posición xunto con Cataluña, en mellor evolución do IPI con respecto á totalidade de comunidades autónomas. En termos de variación da media no que vai de ano, Galicia sitúase na primeira posición, a produción de enerxía é a que determina esta posición.

Decembro
2013
Índice
Taxa de variación anual
Taxa de Variación da media no que vai de ano
ESTADO
83,0
3,5
-1,8
Andalucía
90,8
8,0
-5,9
Aragón
82,7
0,2
-2,7
Asturias
92,1
12,3
-1,9
Baleares
82,4
11,3
-4,4
Canarias
89,1
0,9
-4,2
Cantabria
81,3
-4,8
-3,8
Castela e León
82,2
0,3
-7,0
Castela-A Mancha
80,0
-2,3
-2,6
Cataluña
83,4
4,4
0,8
Comunidade Valenciana
85,9
7,5
2,0
Estremadura
63,2
-0,7
-2,8
GALICIA
82,6
4,4
3,4
Madrid
79,5
-0,5
-2,8
Murcia
79,5
2,9
-3,4
Navarra
74,1
6,9
-1,0
País Vasco
79,7
0,8
-3,5
Rioxa, A
76,4

-1,5
-4,7