mércores, 26 de febreiro de 2014

UGT A CORUÑA E CEE




a Social Galega convoca mobilizacións "Por outra saída da crise" para o 27 de febreiro
Escrito por UGT Coruña   
viernes, 14 de febrero de 2014

A Alianza Social Galega convoca mobilizacións "Por outra saída da crise" para o vindeiro día 27 de febreiro

A Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o vindeiro 27 de febreiro na Coruña baixo o lema Por outra saída da crise, buscando unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos de Galicia e do Estado español.
Na Coruña a manifestación está convocada para las 20:00 e partirá da Casa do Mar, remantando no palco da música dos xardíns de Méndez Núñez.

Manifestacións nas sete principais cidades e nalgunhas vilas galegas

A Alianza Social Galega subliña que nunha conxuntura con 271.500 persoas en situación de desemprego e case co 45% que carecen de coberturas, o Goberno da Xunta presenta un Orzamento que non contén medida ningunha para reactivar a actividade económica e o emprego.
Denuncia que os gobernos de Rajoy e Feijoo impoñen cada día novos e constantes recortes, entre os que salienta unha reforma laboral estéril e moi prexudicial para os traballadores, cun novo paquete de medidas que flexibiliza e desregula o contrato a tempo parcial; recortes nas pensións; retrocesos no ensino público; agresións á sanidade pública; paralización e marcha atrás na aplicación da Lei de Dependencia; privatización dos servizos públicos municipais; un ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres; a implantación dun estado policial coa reforma da Lei de seguridade cidadá e do Código penal; a reforma da Lei hipotecaria, insuficiente e que non contén solucións estruturais; un conxunto de políticas que van cara a desertización do rural e destrución do medio; e o progresivo desmantelamento da política pública de cooperación ao desenvolvemento.
Ante esta crítica situación, a Alianza Social Galega fai un chamamento ao conxunto da sociedade para que saia á rúa masivamente a manifestar a súa oposición a estas políticas e a reclamar outras máis xustas e solidarias que beneficien ao conxunto das galegas e galegos e non só a aqueles que provocaron a crise.