venres, 14 de febreiro de 2014

MOBILIZACIÓNS. NON O BLOQUEO DO FOGASA.

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA. 27/02714. SAÍDA AS 20:00 HORAS DA ALAMEDA
                                                                                        
                                                                         



Mobilizacións en toda Galicia para esixir o desbloqueo do Fogasa


UGT e CCOO de Galicia convocaron concentracións hoxe diante das oficinas do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) para denunciar o atraso que este organismo acumula nos pagamentos. As protestas tiveron lugar en A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. No resto do Estado tamén houbo accións reivindicativas, xa que o FOGASA acumula máis de 180.000 expedientes sen resolver alén do prazo máximo de tres meses que marca o seu propio regulamento.




Santiago, 13 de febreiro de 2014.-  UGT e CCOO de Galicia convocaron concentracións hoxe  diante das oficinas do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) para denunciar o atraso que este organismo acumula nos pagamentos. As protestas tiveron lugar en A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. No resto do Estado tamén houbo accións reivindicativas, xa que o FOGASA acumula máis de 180.000 expedientes sen resolver alén do prazo máximo de tres meses que marca o seu propio regulamento.

CCOO e UGT lembran que a misión fundamental do FOGASA é pagarlles aos traballadores e traballadoras por conta allea parte dos créditos salariais e indemnizacións pendentes de pagamento, tanto por declaración de insolvencia como por concurso de acredores.
A crise incrementou o recurso a este fondo, que entre o 2007 e o 2013 case multiplicou por catro o número de expedientes resoltos, superando os 150.000. Con todo, como xa se indicou, na actualidade ten máis de 180.000 que, máis de tres meses despois do prazo máximo, continúan sen resolución.
Para solucionar o problema, o Ministerio de Economía e Seguridade Social externalizou parte da xestión dos expedientes á empresa TRAGSATEC. Lonxe de dar resposta, UGT e CCOO denuncian que a medida provocou situacións de inxustiza e discriminación para as persoas que deberían percibir os pagamentos, polo que consideran que se agravou esta realidade.
Fronte a isto, CCOO e UGT propoñen un plan de choque cuxo primeiro eixe de actuación é o reforzamento do cadro de persoal do FOGASA para axilizar a tramitación dos expedientes e facer efectivos os pagamentos, dándolles prioridade aos expedientes con maior atraso —nalgún caso, ata dous anos.