martes, 21 de maio de 2013

NOVAS. 21/05/13

                                                                                                                                       
                                                                                                                   

 

plan estratéxico do comité

Segue a lea entre as cidades galegas polos cartos e a función dos aeroportos

A Xunta condiciona a repartición de axudas a aeródromos á análise de Aena mentres Vigo denuncia "acoso" // Santiago e Coruña apostan por coordinar e Caballero fala de "competencia desleal" desde Lavacolla e antepón un acordo a eliminar as subvencións

clima favorable

Vence sente cercano o entendemento no ámbito nacionalista

Desexa que algunha formación que aínda non o fixo acepte o seu "convite" para manter un encontro formal

"nas próximas semanas"

Casares Long espera acadar pronto un acordo para aplicar a redución salarial na USC

Tratarán de facelo o máis equitativo posible tendo en conta que conviven colectivos moi diferentes

Pymar avisa

En perigo 2.000 millóns en contratos do naval polo atraso da CE sobre a 'tax lease'

Os estaleiros poderían perder ata 40 novos pedidos
Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo (á dereita do titular da Xunta), posan xunto unha delegación de embaixadores de países da UE en España que visita Galicia, este luns en Santiago - FOTO: Lavandeira Jr / Efe

o luns e o martes

Embaixadores da UE visitan Galicia coa mirada posta nos fondos europeos

Haberá visitas a empresas e culturais, así como encontros co Igape e Rosa Quintana para dar a coñecer os potenciais galegos

Os acredores de Pescanova contan cun mes para comunicar o importe que se lles debe

As comunicacións deben remitirse a Deloitte, sociedade que foi designada como administradora concursal

O PPdeG daralle uns días á oposición para que se pronuncien sobre o recorte de escanos

O portavoz popular indicou que ningún dos representantes das restantes tres forzas parlamentarias deu resposta á carta que el mesmo lles remitiu o luns da semana pasada

iniciativa na Cámara baixa

O BNG denuncia que o Fogasa tarda un ano en pagar a traballadores en Galicia

Insta ao Goberno a ampliar o persoal do organismo para "atender adecuadamente os miles de expedientes de empresas en creba que acumulan"

agora remitirase ao congreso

Luz verde á contestada Lei Wert da educación

O Consello de Ministros aproba a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, sétima norma eduactiva en 37 anos de democracia

buscando a calidade democrática

Pachi Vázquez critica que en Galicia "a anécdota e a descalificación" substitúan o debate

O secretario xeral do PSdeG participa nos Diálogos de preparación da Conferencia Política do PSOE, celebrada este sábado en Oviedo

mensaxe aos líderes das autonomías

Rajoy templa gaitas e promete unha "distribución ordenada" no reparto do déficit público

Di que baixará os impostos esta legislatura e pídelle aos seus que expliquen por que están tomando decisións que non ían no seu programa
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

única capital galega nesta situación

Pontevedra queda sen cines

Por mor dunha débeda, o propietario do edificio, Adif, desafiuzou á empresa que explota as salas,...
Pola esquerda, Carrodeguas en representaciónde Airiños, Fandiño e Schubarth en padrón - FOTO: G

premios

Pedrón de ouro a Airiños por manter o teatro en galego e por fidelidade ao idioma

A musicóloga Schubarth, premio Pedrón de Honra, recompilou máis de 250 horas de gravacións que...

gustaríalle un pacto da sociedade coa lingua galega

Alonso Montero: "No BNG hai actitudes ás veces que non concordan con ese compromiso e lealdade cara á lingua"

O presidente da RAG aclara, non obstante, que esta formación demostra un sentir "serio e coherente"...
Pilar Rojo e Xesús Alonso Montero - FOTO: Efe

carácter itinerante

RAG e Parlamento organizan unha exposición sobre a historia do Día das Letras Galegas

A mostra podería partir dun libro editado pola RAG o ano pasado no que se inclúe unha foto e un...

programa 'La Ida'

150 mozos alemáns en risco de exclusión social farán prácticas en empresas galegas

A Fundación Paideia e o Ministerio Alemán de Traballo promueven un programa para mellorar as...

na XVII Conferencia de Intergrupos Parlamentarios

O BNG denuncia a falta de solucións ao conflito do Sáhara