venres, 3 de abril de 2020

EMPREGO




UGT-Galicia apunta como prioridade manter o emprego, unha vez superada a crise sanitaria

Para o que é imprescindible abordar a recuperación sobre unhas bases sólidas de futuro


Santiago, 2 de abril de 2020.- Os datos ofrecidos hoxe polo Servizo Público de Emprego amosan a irrupción da pandemia do coronavirus no mercado de traballo. O número de persoas en desemprego aumentou no mes nun 5% (un incremento de 8.252 persoas), mentres o crecemento do paro dende marzo de 2019 chega ao 2,13%. O volume total de desempregados é de 174.481 persoas en Galicia, encamiñándose as cifras ao acontecido na última crise.

Estes datos reflicten a finalización dos contratos temporais e o emprego perdido por despedimentos, individuais ou colectivos, o que constata que moitos empresarios optaron por axustar os cadros de persoal do xeito máis lesivo, en lugar de utilizar outros elementos de flexibilidade e en concreto os expedientes de regulación de emprego temporal, a pesar do acordo dos axentes sociais e o real decreto do Goberno para facilitar e axilizar o seu uso. Para estes traballadores, a decisión do Executivo de dificultar os despedimentos, como reclamaba UGT, chegou tarde.

Ademais, os datos do paro non se puideron beneficiar da campaña de semana santa e moitos traballadores e traballadoras con contratos fixos descontinuos non puideron incorporarse de novo aos seus postos de traballo.

Dadas as circunstancias foi necesario reforzar urxentemente a protección por desemprego, a través de diferentes medidas aprobadas polo Goberno, medidas que UGT xa esixira para protexer ás persoas traballadoras e, especialmente, ás máis vulnerables no mercado laboral.

A pesar do importante esforzo de protección social, a cobertura segue a ser insuficiente. Seguen a estar desprotexidos colectivos moi significativos. En febreiro en Galicia había 69.000 persoas sen ningún tipo de cobertura[...]

PREME