luns, 8 de outubro de 2018

AXUDA A DOMICILIO










 
Presentación do estudo “O traballo de axuda a domicilio en España”

 A Vicesecretaria Xeral de UXT, Cristina Antoñanzas, alertou sobre a situación dos traballadores e traballadoras que realizan tarefas de axuda a domicilio, a través de empresas concesionarias dos concellos, e advertiu que este sector está a converterse en “un nicho para as grandes empresas multiservicios que licitan á baixa e que empeoraron o servizo de atención e as condicións laborais”. 

Neste sentido, fixo un chamamento ás Administracións Públicas, porque “son elas as que contratan”. Este sector está altamente feminizado, “son maioritariamente mulleres as que executan as políticas públicas de coidado e as que se encargan dentro das familias”, e só unha minoría son traballadoras municipais. Así mesmo, denunciou que os recortes unilaterais do Goberno do PP á Lei de Dependencia, “converteron un sistema de dereitos, en proceso de desenvolvemento, nun sistema asistencialista”. 

Neste sentido, sinalou que “se debilitou a intensidade da acción protectora do sistema, diminuíndo o número de horas de axuda a domicilio, ou a contía das prestacións económicas, ou atrasando o momento de percepción de prestacións económicas recoñecidas”.