
A taxa de paro ou taxa de desemprego é a porcentaxe de persoas que están en idade, condicións e intención de traballar pero non teñen un traballo nunha rexión dada (país, CCAA, provincia, cidade…). De forma matemática, é o cociente entre a poboación desocupada entre a poboación activa. Todo isto, multiplicado por 100 para poder obter o cociente en termos de porcentaxe.
De seguido, imos explicar a diferenza entre estas poboacións:
- Activa: todas as persoas de 16 anos ou máis que están a traballar ou están dispostas e en condicións de poder traballar.
- Descomponse entre a ocupada e desempregada/desocupada.
- Ocupada: toda persoa da poboación activa que está a traballar.
- Desempregada/desocupada: toda persoa da poboación activa que non ten traballo. Esta xente cumpre un dos seguintes requisitos: está a buscar traballo ou foi suspendida e está a esperar a volverse a incorporar ou o mes seguinte empezará a traballar.