María Victoria Moreno Márquez era filla
dun militar e dunha mestra. Naceu na provincia de Cáceres o 1 de maio de
1939, aínda que ela ten dado como data de nacemento o 1941.
Estudou o bacharelato en Barcelona e
Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores
Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.
En 1963, con 22 anos, trasladouse a
Galicia onde comezou a súa carreira como profesora de Lingua Española.
Traballou en institutos de Lugo, Sanxenxo e finalmente Pontevedra,
cidade esta onde, en 1968, abriu -xunto con outros intelectuais- a
libraría Xuntanza, na que se podían atopar, entre outras, obras
prohibidas pola censura, coma as de Castelao.
No eido editorial, foi codirectora de Árbore, a colección infantil de
Galaxia, desde o seu inicio. Morreu no ano 2005 en Pontevedra.
- Paneis da exposición Paisaxes e personaxes. María Victoria Moreno.
- Cuadríptico da exposición Paisaxes e personaxes. María Victoria Moreno.