luns, 23 de abril de 2018

XUVENTUDE EN PRECARIO








O Responsable de Mocidade de UGT, Eduardo Magaldi, afirmou que "o Goberno, coas súas políticas, demostra que non lle interesa para nada os mozos deste país. 
Está a enviarnos ao exilio ou á exclusión social. Non dá ningunha opción á estabilidade no emprego nin a crear un proxecto de vida digno". 
Eduardo Magaldi realizou estas declaracións durante a presentación do informe "Descenso do emprego e a súa calidade para a mocidade.
Análise dunha década" elaborado por UGT, onde resaltou algunhas cifras que poñen en cuestión as medidas do Goberno do PP en relación a este colectivo. "Somos máis os mozos menores de 30 anos en paro que ao comezo da crise; o 57% ten un contrato temporal, nove puntos máis que en 2008; o 27% dos menores de 30 anos ocupados ten un contrato a tempo parcial (11% máis que en 2008) e, dese total, case o 60% teno de maneira involuntaria; perdeuse un 7% de ocupados novos desde 2008 e situámonos nos niveis máis baixos de ocupación xuvenil (14%); e tardamos catro veces máis que en 2008 en atopar un emprego", sinalou.
Ademais, "a cifra de parados novas de longa duración multiplicouse por cinco desde ese ano; hai case dous millóns de activos novos menos; e o salario é un 13% inferior", lembrou.


INFORME