As Organizacións Sindicais levamos dous anos esixindo ao Goberno, no diálogo social e no parlamento-con diversas iniciativas que
se viron apoiadas pola maioría parlamentaria, que suba as pensións co IPC (como se veu facendo ata a Reforma
do 2013), que non pode seguir mantendo a política de recorte
das pensións porque se está empobreciendo a nove millóns de pensionistas que pronto serán quince, e con iso estase creando
unha sociedade de pobres.
Se a Seguridade Social está en déficit desde que o partido popular chegou ao goberno fai seis anos, é por culpa da súa Reforma Laboral, así que deben buscar outras solucións, que os sindicatos xa lle ofrecemos, pero que non o sigan pagando cos pensionistas, que cotizaron toda unha vida laboral a unha Seguridade Social excedentaria que financiaba coas cotizacións dos traballadores as políticas dos Gobernos.
É realmente
unha política cruel, porque recorta o poder adquisitivo, sen previo aviso, a 9 millóns de pensionistas, pero é peor aínda porque de novo
conxela practicamente a pensión a 5 millóns de persoas
no limiar da pobreza, que
xa non poden traballar nin obter ingresos doutra
maneira para remediar unha situación
que deteriora as súas vidas e aumenta a súa pobreza. A uns pensionistas, que son os responsables, co seu traballo, do nivel de desenvolvemento
e riqueza que ten actualmente o noso país.
- Ante a falta de respostas do goberno, a ausencia de diálogo e fronte ao recorte das pensións, de ata un 30% nos próximos anos e que se agravará pola entrada en vigor do factor de sustentabilidade e dando continuidade ás recentes mobilizacións en defensa das Pensións Públicas, as marchas polas # PensionesDignas que percorreron todo o país e ante a falta de respostas do goberno.