A Unión Xeral de Traballadores considera un éxito a primeira fase de folga xeral de dúas horas por quenda, que tivo lugar entre as 11:30 horas e as 13:30 horas desta mañá, cun seguimento masivo, especialmente nas medianas e grandes empresas, o sector industrial, construción, administracións públicas e os medios de comunicación. O Sindicato fai un chamamento aos traballadores e traballadoras a continuar coa folga nos seguintes tramos horarios da convocatoria (de 16:00 a 18:00 horas, e nas dúas primeiras horas das quendas de noite) e a participar nas concentracións e manifestacións convocadas. O Secretario Xeral de UGT reclamou, durante a súa participación nas concentracións desta mañá, unha lei de igualdade salarial e acabar co acoso ás mulleres. O éxito desta mobilización, impulsada por unha reivindicación tan fundamental como facer realidade a igualdade entre homes e mulleres, interpela claramente ao Goberno, deixa en evidencia a súa falta de conexión co sentir da sociedade, fai insustentable a súa falta de implicación e a súa inactividade nesta materia, e esixe unha resposta en forma de iniciativas políticas para corrixir a situación de maneira efectiva. As peculiaridades desta convocatoria de folga xeral de dúas horas por quenda dificultan a realización dun balance de seguimento conforme aos criterios utilizados en ocasións anteriores. Con todo, os datos dos que dispón o Sindicato indican un seguimento masivo dos paros en medianas e grandes empresas, o sector industrial, a construción, as administracións públicas e os medios de comunicación.
UGT e CCOO congratúlanse do “éxito” da folga e piden unha participación “masiva” na derradeira quenda e nas manifestacións
- Concentración -Unión- na Praza do Obradoiro

O apoio á folga amosa
o total rexeitamento da sociedade galega á situación que padecen as
mulleres do noso país. As reformas laborais impostas, os recortes e
as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas
desigualdades, denuncian as dirixentes sindicais.
Contra
o “teito de cristal”

Contra
a precariedade que sofre a muller no eido laboral


A
“praga” da violencia machista e do acoso
Ademais
da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes
“pragas” da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, 49
mulleres e 8 nenos e nenas foron asasinados. O recente Pacto de
Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle
medidas de carácter laboral, que son fundamentaispara que as mulleres poidan saír dunha situación de
violencia de xénero.