Asemblea Confederal Consultiva 2018 en Zaragoza
O Secretario Xeral de UGT foi contundente "non nos vai a tremer o pulso convocando unha folga xeral, ou o que sexa necesario, para cambiar as políticas que están a recortar os dereitos da nosa cidadanía". Durante a súa intervención, manifestou que "a crise e as políticas de austeridade e recorte están a xerar moitos problemas para os cidadáns, cuestións que se foron contestando nesta asemblea".
Neste sentido, sinalou que "a mala calidade do emprego non pode facer
que perdamos a perspectiva do gravísimo problema que temos
en relación á prevención de riscos; ou a necesidade de loitar polas
pensións coa cabeza moi alta.
Ninguén como UGT dixo o que hai que facer.
Hoxe hai moitas voces que non dubidan que os robots teñen que pagar
impostos á Seguridade Social para financiar o sistema e revalorizar as
pensións conforme ao IPC. Todos menos o Goberno. Por iso, UGT e CCOO
convocamos mobilizacións o 15 de abril en todo o país por unhas pensións
dignas".
O Secretario Xeral de UXT falou tamén de "preservar os dereitos
fundamentais da cidadanía. Ninguén como UXT loitou contra a lei mordaza. A actuación dalgúns xuíces atentan contra as liberdades neste país. Hai que loitar para que os tuiteros e os raperos
sexan libres de escribir, aínda que non nos guste o que din. A súa
liberdade é a nosa. A cultura non ten límite, tense que defender e
protexer. Dáme vergoña vivir nun país onde os defraudadores están na rúa e os tuiteros
a piques de entrar no cárcere. Hoxe son eles e mañá nós. Algúns
sindicalistas están condenados por exercer o dereito de folga. Non é
admisible".
Pepe Álvarez defendeu tamén durante a súa intervención maiores
infraestruturas "para aumentar a cohesión territorial; unha mellor
política de vivenda e aluguer social; e uns servizos públicos de
calidade no noso país para asegurar o crecemento económico e social para
todos".