mércores, 3 de xaneiro de 2018

PARO





 

 

A estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego


Para asentar un novo afiliado/cotizante á SS precísanse máis de cincuenta contratos



Os datos de paro rexistrado en Galicia reflicten que na nosa Comunidade non se está a crear emprego ao mesmo ritmo que no resto de España. A estacionalidade e a baixa calidade e duración destas contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego.
 En Galicia cae o paro no mes de decembro nun 1,2 por cento, aínda que de forma menos acusada que no Estado, onde caeu o 1,8 por cento. Hai 185.013 persoas desempregadas en Galicia, 2.162 menos que no mes anterior. No Estado hai 3.412.781 persoas desempregadas, unha contracción de 65.000 persoas desempregadas.
Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 10,2 por cento, é dicir, 20.901 desempregados menos pero, neste caso, cunha contracción moito mellor que na media estatal, o -7.8 por cento (290.193 menos).
As cifras medias de desemprego no ano 2017, 194.428 desempregados de media, vanse contraendo, pero aínda están moi por encima dos valores precrise.