Urxe restituír a dignidade das pensións, garantir o seu poder de compra e a súa viabilidade de cara ao futuro
O Secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e o responsable da Unión de
Xubilados e Pensionistas de UGT en Galicia,Valentín Tato, xunto cos seus
homólogos no S.N. de CCOO de Galiciao freceron hoxe unha conferencia de prensaen Santiago na
que presentaron as marchaspor #PensiónsDignas, unha campaña que se
iniciou a nivel de todo o Estado e que vai ter a súa máxima expresión cun
conxunto de marchas que partirán de varias comunidades autónomas para
confluír todas o día 9 nunha gran concentración na Porta do Sol en
Madrid.
Gómez explicou
que trátase de xerar debate social na contorna da problemática sobre o
presente e futuro das pensións neste país, a rede máis potente de
protección social e que da cobertura non só aos 9 millóns de persoas que
perciben unha pensión, senón a moitas familias que a día de hoxe dependen
delas. De feito, o 40 por centodas pensións cobren por completo as súas
respectivas unidades familiares.
Non se trata só dun problema dos que perciben as pensións, senónque é un problema da sociedade no seu conxunto.
No
punto no que se está actualmente, urxe unha volta á concertacións obre o
modelo de pensións que se rompeu coa reforma das mesmasimposta polo PP
no ano 2013 co fin de recuperar o futuro dunhas pensións dignas e
terminar co empobrecemento dos pensionistas. Sóun dato, hoxe o 40 por cento das pensións que se cobran en Galicia están na contorna dos 600 euros, xusto no limiar da exclusión social e da pobreza.