"'Desperegrinación" do persoal da sanidade pública en defensa dos dereitos laborais e económicos"
              
                - Os manifestantes percorreron un treito do Camiño de Santiago en sentido inverso
 O Luns  fíxose unha 
'desperegrinación' en defensa dos dereitos laborais e pola 
recuperación dos «dereitos roubados». Para este efecto, ducias de 
traballadoras e traballadores percorreron en sentido inverso un treito 
do Camiño de Santiago. Concretamente, partiron ás 11 h da sede da Xunta 
en San Caetano e mobilizáronse ata a entrada da cidade no barrio de San 
Lázaro.
              
           Esta manifestación foi un «paso máis» 
na campaña iniciada semanas atrás polos sindicatos CCOO, CIG, UGT, 
SATSE, CSI-F e SAE, que primeiro reuniron o persoal en asembleas 
informativas e, poucos días atrás, convocaron unha concentración diante 
do Sergas e entregaron quince mil sinaturas de apoio ás reivindicacións.
Os sindicatos prometen «intensificar» as protestas após o verán, se non houber avances en reivindicacións como a recuperación da carreira profesional e das partidas económicas conxeladas, a non penalización por incapacidade temporal ou a recuperación dos días libres que corresponden, entre outros puntos.