martes, 27 de xuño de 2017

IGUALDADE DE TRATO







 

  
UGT reclama políticas que favorezan a igualdade de trato e a loita contra a discriminación no traballo.
28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB


​No Día Internacional do Orgullo LGTB, que se celebra mañá, 28 de xuño, UGT reclama políticas que favorezan a igualdade de trato nos centros de traballo e a loita contra a discriminación, en xeral, e aquela que ten a súa orixe na orientación sexual ou identidade de xénero, en particular. O sindicato, que publicou unha guía sobre a diversidade sexual e afectiva na contorna laboral para combater as desigualdades e discriminacións no traballo, reclama unha lei integral para a igualdade de trato e de oportunidades e a non discriminación para todas as persoas, con independencia das súas circunstancias persoais e/ou sociais, que garanta a igualdade nos ámbitos tanto público como privado.

No Día Internacional do Orgullo LGTB, que se celebra mañá mércores, 28 de xuño, a Unión Xeral de Traballadores reivindica políticas que favorezan a igualdade de trato nos centros de traballo e a loita contra a discriminación, concretamente aquela que ten a súa orixe na orientación sexual ou identidade de xénero das traballadoras e traballadores.


  • Noticias Relacionadas

UGT edita unha guía para evitar as discriminacións das persoas LGTBI, nos centros de traballo