Case 600.000 mozos e mozas menores de 25 anos en desemprego e máis de 1,5
millóns de mozos/as menores de 35 anos sen un traballo. Unha taxa de
paro xuvenil de máis do 40% e contratación temporal para o 56% dos
menores de 30 anos e para o 73% dos menores de 25.
Esta é a recuperación do emprego que propaga o Goberno do noso
país. O informe
"Panorama do Emprego Novo",
elaborado por UGT con datos da EPA do primeiro trimestre, sinala un
descenso da poboación nova ocupada e unha diminución da taxa de
actividade xuvenil, o que mostra como a mocidade está a saír de
España ou se está apartando do sistema polas escasas posibilidades
de atopar un emprego e emprender un proxecto de vida digno.