
Pepe Álvarez realizou estas declaracións previas a
unha asemblea de delegados de UGT en Cantabria, onde sinalou que "non
é de recibo que un pensionista empece o ano sabendo que vai pagar
entre 40 e 100 euros máis na factura da luz e siga perdendo poder de
compra tras o aumento das pensións do Goberno do 0,25%. O Goberno
mentiu aos nosos maiores e iso tense que corrixir".
Neste sentido, "non imos chegar a un acordo en
materia de pensións co Goberno si non se derroga tanto o índice de
revalorización como o factor de sustentabilidade da reforma das
pensións de 2013, porque non imos condenar aos traballadores a que
en dez anos perdan o 20% de poder adquisitivo nas pensións ou que en
2050 perdan até un 40%, como pretende o Goberno".
Pepe Álvarez tamén esixiu que aumente o Salario
Mínimo Interprofesional (SMI) até os 1.000 euros a final da
Lexislatura. "A subida pactada entre PP e PSOE parécenos
absolutamente insuficiente. Deberían aumentar o SMI até os 800
euros este ano e realizar un acordo para chegar até os 1.000 euros
ao final deste goberno".
Ademais, demandou á patronal que, con este dato de
IPC, "e co que se coñeceu en decembro, está máis que
demostrado que os salarios deben subir entre un 1,8% e un 3% para que
os traballadores non perdan poder adquisitivo".
