martes, 27 de decembro de 2016

NEGOCIACIÓN COLECTIVA.DEREITO CONSTITUCIONAL.






A Unión General de Traballadores reivindica a derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012, e en especial aquelas medidas de flexibilidade interna que conceden ás empresas prerrogativas para o establecemento unilateral de condicións de traballo, e que supoñen a revogación de feito do dereito constitucional dos traballadores á negociación colectiva e aos dereitos de información, consulta e participación na empresa.  Aínda que as reformas laborais, especialmente a imposta no ano 2012 mediante a maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento, tiña como obxectivo fundamental permitir ás empresas medidas de axuste mediante o despedimento fácil e barato dos traballadores, ademais dunha desvalorización salarial e das condicións de traballo que lles permitise reducir custos, aproveitouse a ocasión para introducir prerrogativas exorbitantes aos empresarios coas que manexar á súa antollo as condicións de traballo e reducir á súa mínima expresión as posibilidades de intervención e oposición dos traballadores.
UGT considera que a apertura desta nova etapa política, na que a negoe restituír aos traballadores o seu dereito á negociación colectiva e a negociar e defender os seus intereses no seo das empresas.
Neste sentido, o Sindicato considera necesario acordar unha regulación máis xusta e equitativa para cuestións como a mobilidade xeográfica dos traballadores, os procedementos en materia de suspensión e redución de xornada, ou os mecanismos vixentes para o establecemento e modificación das condicións de traballo (clasificación profesional, mobilidade funcional, xornada de traballo, distribución irregular da xornada, inaplicación de condicións salariais, etc…).  
Tal e como empeza a albiscarse nalgúns estudos de carácter internacional, o enfraquecemento provocado nos sistemas de negociación colectiva de moitos países e as súas repercusións no empobrecimiento de grandes capas da poboación traballadora, que perderon condicións de vida e expectativas de mellora para o futuro, sumouse a outros factores e está a repercutir en forma de decisións electorais inesperadas sobre a gobernabilidade dos Estados e a comunidade internacional. É neste sentido que UGT considera esencial reestablecer o equilibrio no sistema de relacións laborais do noso país, e restaurar os mecanismos de negociación e concertación nas institucións do mundo do traballo.