martes, 27 de decembro de 2016

ATENCIÓN Á DEPENDENCIA









A Unión General de Traballadores, conxuntamente coa Federación de Servizos Públicos de UGT (FeSP-UGT), vai pór en marcha unha campaña para concienciar aos traballadores e traballadoras de atención á dependencia, concretamente das categorías profesionais de coidador/a e xerocultor/a en centros ou institucións sociais, asistente persoal e auxiliar de axuda a domicilio, sobre o procedemento para conseguir o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.
O sindicato informa que, a 31 de decembro de 2017, será necesario ter acreditadas as competencias profesionais, neste campo, para poder seguir desempeñando a actividade laboral e, por este motivo, inicia unha campaña para informar a todas as persoas traballadoras do sector da dependencia que o necesiten.
As persoas traballadoras do sector, deben inscribirse na convocatoria que publique a comunidade autónoma onde traballen e achegar a documentación que esixan da súa experiencia laboral. Unha vez publiquen a lista de admitidos, comezará o proceso de acreditación.
Para iso, UGT editou un folleto informativo, no que se explica o prazo de acreditación, a quen vai dirixido, e como facelo.
Para calquera dúbida, o Sindicato ofrece información na sede de UGT máis próxima  (www.ugt.es) ou contactar directamente coa Federación de Servizos Públicos de UGT (www.fespugt.es)


Folleto informativo