xoves, 1 de decembro de 2016

ASEMBLEA EN RIBEIRA




PROPOSTAS SINDICAIS CARA A NOVA LEXISLATURA


  • Con motivo das mobilizacións en todo o país o próximo 15 de decembro co obxectivo de impulsar as propostas sindicais na negociación co Goberno e a patronal UGT informou hoxe sobre as propostas sindicais prioritarias en Riveira.



     
    Interviron  a Secretaria de Organización e Administración de UGT-Compostela e Barbanza, Marisa Rodríquez Vázquez, Manuela Allo Lago, Sª de Políticas Sociais e Igualdade e o Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social de UGT-Galicia, Luis Baneira Gómez  Esta asemblea enmárcase dentro da campaña de información e mobilización que culminará o vindeiro 15 de decembro con manifestacións en todo o Estado.

     
    Despois da toma de posesión do Goberno xa non hai escusas: os problemas das persoas non poden esperar. Son necesarios consensos básicos que vaian máis aló dunha lexislatura e que recollan solucións urxentes e eficaces aos problemas da cidadanía. O Goberno debe negociar un novo contrato social para restituír os dereitos sociais e laborais, no marco do diálogo social.
    Nesta lexislatura ímonos a ter que afacer ao binomio negociación-mobilización, porque non imos conseguir avanzar e recuperar dereitos sen mobilización. Por iso UGT e CCOO acordaron convocar concentracións ante as delegacións do Goberno de todas as capitais de Comunidade Autónoma o día 15 de decembro e desenvolver unha manifestación en Madrid o día 18 dese mesmo mes.
    Dende a Unión comarcal de UGT-Compostela-Barbanza facemos un chamamento a informarse das propostas que impulsan UGT e CCOO cara á negociación co Goberno e patronal e a participar activamente nas mobilizacións convocadas.

    ___________GALERÍA