luns, 24 de outubro de 2016

Sº CONFEDERAL. ASEMBLEA DE DELEGADOS/AS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.


O secretario confederal de UGT, Pepe Álvarez, resaltou a importancia destas asembleas que enriquecen o proceso de diálogo permanente e bidireccional no que entrou o Sindicato tras a celebración do último Congreso coas súas bases.
Apuntou a tres obxectivos de traballo clave para o Sindicato nestes momentos. A nivel interno, rematar co proceso organizativo aberto para acadar unSindicato con menos burocracia e que chegue mellor aos centros detraballo.
No eido da negociación colectiva, abriuse de novo o proceso de diálogo coa patronal para intentar renovar acordos que deben ter en conta o novo ciclo económico que obriga a repartir beneficios entre ostraballadores. Para o cal, hai que ir a un aumento de salarios acorde cun país que medra por enriba do tres por cento, ademais de intentar modificar por esta vía aspectos lesivos da reforma laboral ou recuperar a ultraactividade dos convenios. É o momento de restablecer os salarios co fin de consolidar a recuperación económica.
A UGT non lle importa o quen no Goberno, senón o para que
Fixo fincapé nas expectativas xeradas coa constitución dun novo Goberno e recalcou que a UGT non lle importa quen, senón para que. Esta debería ser alexislatura das contrarreformas ás reformas que se tiñan imposto polo Goberno do PP e que só trouxeron miseria laboral e un mazado aoestado de benestar que tanto costou consolidar neste país. Urxerecuperar dereitos laborais e a dignidade no traballo. Recuperar salarios na función pública. Recuperar poder adquisitivo para os pensionistas... Tamén chegou o momento de recuperar os dereitos eliberdades, derrogando a Lei mordaza e garantindo a liberdade defolga sen restricións.
  • Pola súa banda, Gómez enmarcou esta asemblea nun proceso aberto e continuo de consulta e información cos delegados e indicou que, precisamente, neste acto se lle vai trasladar aos delegados o agradecemento polo traballo sindical realizado que permite que UGT siga sendo a primeiraforza sindical en Galicia, a pesar do difícil contexto político noque hai que desenvolver a actividade do día a día.