MEDIOS DE COMUNICACIÓN: TDT
CURSO DE PRL NO BARBANZA
- O pasado día 3 de outubro, un total de 17 traballadores e traballadoras de distintos sectores laborais, xunto con desempregados, escomenzarón a mencionada formación, na sede da UGT Compostela-Barbanza, de Riveira.
- A importancia da formacion en PRL é a base fundamental para o desenrolo dos preventidos no marco laboral. Sen unha axeitada formación e aplicación da normativa o eido do traballo e a protección dos traballadores e traballadoras, con empregos de calidade, queda minguada.
- O curso rematará o vindeiro 31 de outubro, despois de 50 horas de formación, sendo a base, para previr e revertir situacións xa reflectidas, ná práctica, na calidade e proteccción no emprego e dos empregados e empregadas que o realizan.
- Así mesmo, a lei encomenda ás
administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación,
información e divulgación que contribúan, xunto aos axentes sociais, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das
condicións de vida no traballo.
- A formación, xunto coa información,
promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe
unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica
cultura preventiva no conxunto da sociedade.
- Co obxectivo de promover, sensibilizar e
incrementar os coñecementos en materia de prevención de riscos
laborais, elaborouse este curso de actividades formativo que, reiteramos e
agardamos, axude á mellora das condicións de seguridade e saúde laboral
no traballo.