xoves, 18 de agosto de 2016

XUVENTUDE. HORIZONTE.


Cae nun 25,4 por cento o número de mozas e mozos afiliados á Seguridade Social na comarca de Santiago nos últimos cinco anos.
Non se produce ningún descenso nos datos de paro rexistrado entre a poboación nova en Santiago desde o ano 2008, mentres que en Galicia redúcese nun 25 por cento


 ____________________________________________________________________________


Santiago, 18 de agosto de 2016.- UGT-Galicia fai unha análise da situación do mercado laboral da xuventude na comarca de Santiago de Compostela que resulta devastadora. Diminución da afiliación á Seguridade Social, altas taxas de desemprego, temporalidade, parcialidade, e menos contratación, caracterizan a precariedade do mercado de traballo na comarca para as persoas máis novas.
 _____________________________________________________________________________


As políticas de emprego dos gobernos do PP, tanto no Estado como en Galicia, non están logrando os obxectivos que anunciaban, especialmente a Reforma laboral. O que si están conseguindo é empeorar as condicións de traballo e de vida da poboación en xeral, pero dun xeito máis incisivo entre as persoas novas. Empeoran as condicións de traballo, diminúe a estabilidade no emprego e redúcese a calidade do mesmo. Isto conduce a un continuado descenso das rendas do traballo que impedirá retomar a demanda interna e mellorar a economía no seu conxunto.

Esta tendencia hai que mudala xa. Primeiro, derrogando as reformas laborais impostas; modernizando os servizos públicos de emprego; poñendo en marcha un Plan de choque polo emprego (con medidas específicas para os colectivos con maiores dificultades, entre os que se atopan os mozos e mozas);acabando coas políticas de austeridade compulsiva tanto en España como na UE; reforzando as políticas activas e emprego e estendendo o sistema de protección por desemprego;  potenciando o Plan de Garantía Xuvenil; ou mellorando a formación profesional dual, entre outras medidas.

Ata agora os datos de redución do desemprego que se produciron teñen que ver máis cos colectivos de mozos e mozas que emigran ou os que deixan de buscar emprego porque retoman os estudos ou polo efecto desánimo, máis que pola contratación real que se rexistra, que se centra no emprego temporal.


CADROS ADXUNTOS:


GALICIA
2011/II
2016/II
Total
de 16 a 34 anos
Total
de 16 a 34 anos
taxa de actividade
54,8
69,7
53,5
64,5
taxa de ocupación
45,7
52,5
44,0
47,3
taxa de paro
16,6
24,6
17,7
26,6

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística

GALICIA
Poboación ocupada de 16 a 34 anos
2011TII
323.100
2013TII
262.100
2016/II
233.700

Fonte: I.G.E. - Instituto Galego de Estatística

PERSOAS  ASALARIADAS  POR  GRUPOS  DE  IDADE E CONTRATO A TEMPO PARCIAL  2016TII    


Total
Parcial
% Parcial
Total
de 16 a 34 anos
Total
de 16 a 34 anos
Total
de 16 a 34 anos
2011/II
1.097.500
323.100
139.100
57.000
12,7
17,6
2013/II
1.005.400
262.100
141.500
49.000
14,1
18,7
2016/II
1.034.000
233.700
144.300
44.700
14,0
19,1

I.G.E. - Instituto Galego de Estatística             

Distribución % da Mocidade (de entre 16 e 34 anos)  por motivo da xornada parcial (DATO Estatal, non hai este desagregación  a nivel de Galicia) 2ºT2016



%
Total
100,0
Seguir cursos de ensinanza ou formación
15,1
Enfermidade ou incapacidade propia
0,3
Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores
6,5
Outras obrigas familiares ou persoais
1,6
Non haber podido atopar traballo de xornada completa
65,1
Non querer traballo de xornada completa
4,5
Outros motivos de ter xornada parcial
6,7
Non sabe o motivo
0,2

Fonte: INE. Instituto Nacional de Estadística

Afiliación á Seguridade Social en alta laboral segundo concello de residencia, menores de 35 anos


Xullo 2011
Xuño 2016
Variación absoluta
Variación %
Galicia
284.851
211.281
-73.570
-25,83
Comarca de Santiago
17.688
13.188
-4.500
-25,44
Ames
3.301
2.378
-923
-27,96
Boqueixón
557
449
-108
-19,39
Brión
792
611
-181
-22,85
Santiago de Compostela
10.024
7.443
-2.581
-25,75
Teo
1.991
1.429
-562
-28,23
Val do Dubra
381
364
-17
-4,46
Vedra
642
514
-128
-19,94

Fonte: IGE

Contratos iniciais segundo localidade de residencia da persoa traballadora, menores de 35 anos



Xullo 2013

Xullo 2016

Total idades
16 a 34 anos
16-34 S/total idades
Total idades
16 a 34 anos
16-34 S/total idades
Galicia
83.518
45.501
54,5
98.431
50.418
51,2
Comarca de Santiago
5.524
2.974
53,8
6.647
3.311
49,8
Ames
983
479
48,7
1.189
507
42,6
Boqueixón
115
47
40,8
174
81
46,6
Brión
171
80
46,7
237
114
48,1
Santiago de Compostela
3.484
1.989
57,0
3.902
2.126
54,5
Teo
560
267
47,6
826
306
37,0
Val do Dubra
63
36
57,1
85
40
47,1
Vedra
148
76
51,3
234
137
58,5

Fonte: IGE

Paro rexistrado segundo grupos de idade. Metodoloxía SISPE


2008
Xullo 2016
Variación absoluta
Variación %
Galicia
58.122
43.542
-14.580
-25,1
Comarca de Santiago
13.077
13.082
5
0
Ames
2.249
2.557
308
13,7
Boqueixón
258
248
-10
-3,9
Brión
464
527
63
13,6
Santiago de Compostela
8.235
7.724
-511
-6,2
Teo
1.204
1.426
222
18,4
Val do Dubra
326
250
-76
-23,3
Vedra
341
350
9
2,6

Fonte: IGE
________________________________________________________

SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE E MOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA.
  

________________________________________________________________________________________