- Hoxe venres, 12 de agosto fai 128 anos da creación da Unión Xeral de Traballadores, como resultado do Congreso que tivo lugar en Barcelona do 12-14 agosto 1888.
Nese congreso, xerme histórica do sindicalismo de clase
en España, participaron 44 sociedades obreiras (ou sociedades de
resistencia) de diferentes partes do país que representaban 5.154 socios de
diferentes oficios, e pretendían constituír unha organización nacional que,
actuando mediante a actuación e a resistencia organizadas, lles permitira
mellorar en tódolos aspectos as condicións de traballo.
Melloralas "apelando a la huelga bien organizada
y recabando de los Poderes públicos cuantas leyes favorezcan los intereses del
trabajo, tales como la jornada de ocho horas, fijación de un salario mínimo,
igualdad de salarios para obreros de uno u otro sexo, etc." estes
obxectivos serían convertidos en leis na II República.
- O resultado foi a creación da Unión Xeral de Traballadores de España, que despois de 128 anos destaca como un fito na defensa dos dereitos dos traballadores e un actor clave da vida pública do noso país.
- Este 128º aniversario celébrase despois do 42º Congreso Confederal da organización, que o sindicato aproveita para axeitar a súa estrutura territorial e sectorial a constante transformación do modelo social, político e económico do noso país.