UGT-GALICIA Denuncia que máis da metade das pensións galegas están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional de 655 euros ao mes.
Un terzo dos fogares galegos teñen como sustentador principal a persoas de máis de 65 anos.
UGT considera urxente buscar alternativas
de ingresos para a Seguridade Social, como incrementar empregos
estables e salarios ou establecer cotizacións que contribúan ás arcas da
Seguridade Social para os equipos tecnolóxicos que substitúen a
traballadores de carne e oso. A destrución de empregos e a perda de
cotizantes que están traendo as novas tecnoloxías é necesario compensala
con cotizacións para o sistema público de pensión por estes
equipamentos.
Nómina mensual de pensións - Tramos de contía por Clase de pensión | ||||
| XUBILACIÓN | % | ||
Estado | Galicia | Estado | Galicia | |
Ata 655,19 euros | 2.247.272 | 256.082 | 39,3 | 54,7 |
De 655,20 a 1.000,00 euros | 1.219.181 | 86.158 | 21,3 | 18,4 |
De 1.000,01 a 2.000,00 euros | 1.589.436 | 91.816 | 27,8 | 19,6 |
Máis de 2.000,01 euros | 668.875 | 33.996 | 11,7 | 7,3 |
TODOS OS TRAMOS | 5.724.764 | 468.052 | 100,0 | 100,0 |
|
En
5 anos, de 2011 a 2015, as pensións menores de 1.000 euros só gañaron
un 0,1%, practicamente estabilizáronse, e as de maior contía perderon un
3,8% do seu poder adquisitivo. Unha situación á que hai que sumar
medidas que repercutiron directamente sobre o peto dos pensionistas,
como o copago sanitario, ou o incremento do desemprego, que converteu a
moitos dos nosos pensionistas na única fonte de ingresos dos seus
fogares.
As diferentes reformas que o
Goberno impuxo sobre a pensión de xubilación e a revalorización das
pensións (lagoas de cotización, factor de sustentabilidade, xubilación
anticipada e parcial ou novo Índice de revalorización) están dirixidas a
provocar unha importante redución na contía da pensión e unha perda
constante do poder adquisitivo dos pensionistas.
UGT exige la convocatoria ya de la Comisión de Seguimiento del Fondo de Reserva de la Seguridad Social
La Secretaria de Políticas Sociales, Empleo y Seguridad Social, Mari
Carmen Barrera, ha exigido al Gobierno la convocatoria, en el menor
plazo posible de la Comisión de Seguimiento del Fondo de Reserva de la
Seguridad Social.
Recuerda en una carta dirigida a Tomás Burgos,
Secretario de Estado de Seguridad Social, que desde el sindicato se ha
mostrado preocupación de forma, en los distintos órganos de
participación y seguimiento de que dispone la Seguridad Social, ante la
necesidad reiterada de realizar disposiciones del Fondo de Reserva y la
forma en la que éstas se vienen produciendo.