COMPOSTELA. MANIFESTACIÓN. | 19 de xuño. AS 12:00 HORAS. ALAMEDA. |
SOS refuxiados. Refuxio por dereito. 20 de xuño, Día Mundial do Refuxiado
As
políticas europeas de migración e asilo, lonxe de dar unha resposta
solidaria, baseada no respecto aos dereitos humanos das persoas
migrantes e refuxiadas, puxeron en grave risco as vidas de miles de
persoas, moitas delas mulleres e nenos, convertendo o mar Mediterráneo
na maior fosa común no mundo onde morreron máis de 25.000 persoas nos
últimos 15 anos.
O pasado
18 de marzo, os líderes europeos asinaron unha declaración con Turquía
que, ademais de ser vergonzosa e ilegal, pon nun maior risco a estas
persoas xustificando a súa devolución a un país como Turquía que
demostrou que non garante os dereitos humanos e a adecuada protección
que merecen.