luns, 14 de abril de 2014

ANÁLISE DO PARO








O descenso do paro en Galicia contrasta cos malos datos da afiliación á Seguridade Social, que segue diminuíndo interanualmente


UGT-Galicia saúda os datos do desemprego feitos públicos hoxe, que supoñen para esta autonomía 3.608 desempregados menos, unha caída do 1,3 por cento, e agarda que esta sexa unha tendencia que se manteña no tempo co fin de ir pouco a pouco reconstituíndo a conxuntura do mercado laboral, mellorando os niveis de emprego, pero non só en valores absolutos, senón tamén a súa calidade. Porque o que está a observar o Sindicato é que a día de hoxe, coas condicións salariais que se están a impoñer e a perda continúa de dereitos, ter un posto de traballo xa non garantiza para unha familia escapar da lacra da pobreza ou ter moitas dificultades para vivir dignamente.

129.000 desempregados sen cobertura. O aumento da pobreza e a desigualdade continúa agudizándose

As políticas do axuste e o recorte non conducen a nada. UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse mañá contra as políticas de austeridade e por un plan de investimentos para crear emprego

Santiago, 2 de abril de 2014.- UGT-Galicia saúda os datos do desemprego feitos públicos hoxe, que supoñen para esta autonomía 3.608 desempregados menos, unha caída do 1,3 por cento, e agarda que esta sexa unha tendencia que se manteña no tempo co fin de ir pouco a pouco reconstituíndo a conxuntura do mercado laboral, mellorando os niveis de emprego, pero non só en valores absolutos, senón tamén a súa calidade. Porque o que está a observar o Sindicato é que a día de hoxe, coas condicións salariais que se están a impoñer e a perda continúa de dereitos, ter un posto de traballo xa non garantiza para unha familia escapar da lacra da pobreza ou ter moitas dificultades para vivir dignamente.

Non obstante, e a pesar de recoñecer os bos datos do paro, que tamén mellora interanualmente cun descenso en Galicia de 14.724 persoas, o que supón un 5,06 por cento, as estatísticas arroxan hoxe un dato certamente preocupante, a media de afiliados á Seguridade Social no mes de marzo nesta autonomía. Tan só 906.050, un incremento en relación a febreiro de tan só o 0,34 por cento e, ademais, rexístrase unha diminución con respecto a hai un ano do 0,44 por cento. Contrariamente ao que sucede no resto do Estado onde hai unha suba da afiliación mensualmente e en relación a hai un ano.
Isto evidencia que no mercado laboral galego non todo está a funcionar como debería. De feito, tamén se observa unha forte contracción na poboación en idade de traballar pola súa saída cara fóra ante a ausencia de expectativas e oportunidades de futuro. A caída do desemprego dos estranxeiros representa o 10 por cento da diminución interanual do paro en Galicia.
UGT insiste na demanda dun cambio de orientación nas políticas, co obxectivo central de recuperar a economía e o emprego porque coas políticas de austeridade desenvolvidas dende o ano 2010 o déficit e a débeda non deixan de aumentar.
Neste contexto, o Sindicato considera que urxe un plan nacional de garantía xuvenil, que debería poñerse en funcionamento xa en primaveira; maiores políticas para o desenvolvemento e o mantemento do emprego e para a protección dos desempregados; a posta en práctica dunha política industrial máis eficiente; e abrir un proceso de discusión na evoluciión dos salarios, xa que as políticas de devaluación salarial nos están levando a unha situación de deflación, entre outras cuestións.
Continuando coa análise dos dados facilitados hoxe, estes reflicten que no mes tanto entre os homes como entre as mulleres diminúe o paro, baixando un 1,98 por cento no caso masculino e un 0,62 por cento no caso feminino. Interanualmente, tamén saen máis beneficiados os homes, caendo o desemprego nun 6,64 por cento e no caso das mulleres un 3,51 por cento.
Por provincias, no mes en relación ao ano anterior o paro tamén cae en todas. Por idades, mensualmente diminúe entre os menores de 25 anos nun 1,46 por cento. Pero é que en termos interanuais a caída é moi elevada, do 16,77 por cento. Cal é o por que, a saída de efectivos da comunidade pola falta de oportunidades para afrontar un futuro digno. Así, hai 3.485 persoas paradas menos neste tramo de idade nun ano.
Sectorialmente, a análise indica que no mes medra o paro tan sólo no colectivo de sen emprego anterior, un 1,24 por cento. Cae considerablemente na construción, nun 3,87 por cento. Interanualmente, baixa na construción nun 15,7 por cento; na industria, nun 6,4 por cento; e no colectivo de sen emprego anterior, nun 5,47 por cento. Aquí compróbase unha vez máis a saída dos máis mozos do mercado laboral galego.
En termos de contratación, rexistráronse en Galicia no mes de marzo un total de 51.055 contratos, subindo en relación a febreiro nun 12,15 por cento e un 18 por cento en relación a hai un ano. Non obstante, segue a subir máis a contratación temporal.
Para UGT-Galicia, como xa se ven apuntando mes tras mes, segue a resultar moi preocupante a cifra do número de beneficiarios con prestacións, 151.586 no mes de febreiro. Cunha taxa de cobertura de tan só o 58,7 por cento. Hai preto de 129.000 desempregados en Galicia sen ningún tipo de cobertura, co forte risco de exclusión social que isto supón.
De feito, non se pode esquecer que España é o país, xunto con Grecia, no que máis medrou a pobreza relativa, sobresaíndo en dous tramos de idade, menores de 18 anos, cunha taxa do 30 por cento, só superados por Rumanía; e o da poboación en idade de traballar, co 22,4 por cento, só sobrepasada por Grecia.
Isto demostra ás claras a insuficiencia das prestacións sociais, especialmente dirixidas a compensar a perda de emprego e as dirixidas ás familias para protexer aos fillos a cargo pero tamén pon de manifesto o fráxil sistema de protección social ofrecido a través dos servizos sociais.
A combinación funesta de paro, traballo precario e deterioro dos servizos públicos é o que nos permite explicar o aumento da pobreza e a desigualdade a nivel europeo e neste país.

GALICIA
2014/Marzo
VARIACIÓN SOBRE


Mes anterior
Mesmo mes ano anterior



%

%
DESEMPREGO





Nº desempregados rexistrados
276.463
-3.608
-1,29
-14.724
-5,06
* homes
134.467
-2.715
-1,98
-9.557
-6,64
* mulleres
141.996
-893
-0,62
-5.167
-3,51
Nº parados mozos < 25 anos
17.297
-256
-1,5
-3.485
-16,77
Nº desempregados estranxeiros
13.374
-38
-0,3
-1.474
-9,9
Nº desempregados por sectores*





* agricultura
9.469
-260
-2,7
-183
-1,90
* industria
38.261
-520
-1,3
-2.630
-6,43
* construción
39.843
-1.602
-3,9
-7.406
-15,67
* servizos
166.952
-1.495
-0,9
-3.236
-1,90
* sen emprego anterior
21.938
269
1,2
-1.269
-5,47
Beneficiarios prestación por desemprego (febreiro)
151.586




Taxa de cobertura (febreiro)
58,66




CONTRATACIÓN





Nº contratos
51.055
5.530
12,15
7.785
17,99
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)
4.775
367
8,33
549
12,99
Nº contratos temporais
46.280
5.163
12,56
7.236
18,53
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL




Nº afiliados (datos provisionais)
906.050
3.060
0,34
-3.980
-0,44
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS