xoves, 13 de marzo de 2014

ASAMBLEA ANUAL CONSULTIVA. MADRID 15 DE MARZO.









O vindeiro sabado día 15 de marzo, 436 compañeiros e compañeiras en representación das Unións e das Federacións e seccións sindicais das principais empresas galegas, se desprazarán a Madrid para participar na Asamblea anual consultiva que convoca a Comisión executiva confederal.

15 de marzo. Alternativas para un novo modelo económico e social

 

A asemblea terá lugar no Pabillón Multiusos I do Recinto Ferial da Casa de Campo de Madrid, dando comezo ás 11h00,  con intervencións que se establecerán en seis bloques. Cada un dos bloques estará presentado por membros de colectivos de xóvenes afiliados ó sindicato. Os bloques tratan os seguintes temas de interese:
  1. Máis emprego e máis calidade
  2. Un novo modelo produtivo
  3. Reformar a fiscalidade
  4. Servizos e prestacións públicos
  5. Reforzar a democracia
  6. Abrir o Sindicato á sociedade
O obxectivo do acto, ademáis de dar cumprimento ás Resolucións do 41ª Congreso, é fortalecer mais a participación dos seus afiliados e afiliadas e afondar na promoción alternativas.
A Unión Xeral de Traballadores, con este instrumento de acción, pretende mellorar a eficacia na defensa dos dereitos dos traballadores, fortalecer a base democrática da Unión e establecer novas fórmulas para mellorar a atención aos afiliados.
En definitiva: facer máis sindicato, porque en momentos como os actuais, nos que a crise e as políticas de austeridad e recortes están destruíndo o noso modelo laboral e demolendo o noso Estado de Benestar, a Unión, o sindicato é máis necesario que nunca.