luns, 3 de febreiro de 2014

NOVAS. EPA. POBLACIÓN ACTIVA.


Unión General de Trabajadores

Unión General de Trabajadores







A EPA, un xarro de auga fría para o mercado laboral galego onde medra o desemprego, baixa a ocupación e os activos caen en máis de 18.000 persoas


O dato faciitado hoxe pola EPA e referido á evolución do mercado laboral no último trimestre de 2013 é certamente desolador para Galicia. Mentres que no Estado prodúcese unha mellora tanto en termos de ocupación como de desemprego, con respecto ao trimestre anterior e en relación a hai un ano, nesta autonomía sucede todo o contrario.

En catro anos duplicáronse en Galicia o número de fogares nos que todos os seus activos están no paro, a día de hoxe xa son 92.800

UGT-Galicia xa non acepta máis mensaxes triunfalistas e pídelle aos gobernos da Xunta e central que asuman responsabilidades, que acepten o fracaso da reforma laboral e arbitren medidas válidas para frear esta lacra

O dato faciitado hoxe pola EPA e referido á evolución do mercado laboral no último trimestre de 2013 é certamente desolador para Galicia. Mentres que no Estado prodúcese unha mellora tanto en termos de ocupación como de desemprego, con respecto ao trimestre anterior e en relación a hai un ano, nesta autonomía sucede todo o contrario.

Aquí o desemprego acada 277.800 persoas, aumentando en relación ao trimestre anterior nun 0,3 por cento e en termos interanuais un 0,16 por cento. E resulta especialmente preocupante a caída de activos en 18.100 persoas e a caída da ocupación nun 1,9 por cento.
Se a todo isto se lle engade que as vivendas nas que todos os seus activos están no desemprego son 92.800 (45.000 no terceiro trimestre do ano 2009) e que en 32.800 vivendas xa non se perciben ingresos (cando comezou esta estatística, no terceiro trimestre de 2009, eran 19.000 os fogares galegos nesta situación), a realidade é moi complexa.


DENDE A ENTRADA EN VIGOR DA REFORMA LABORAL EN GALICIA HAI 63.200 OCUPADOS MENOS E 50.800 ASALARIADOS MENOS

É evidente que as reformas laborais, o axuste e o recorte non están a funcionar. De feito, resulta significativo que dende a entrada en vigor da reforma laboral rexístranse en Galicia 63.200 ocupados menos e 50.800 asalariados menos. Sumado isto á previsión do Goberno galego de caída no eido da creación de emprego para o 2014 do 0,2 por cento, o resultado que se agarda para este ano, cunha taxa actual de paro do 21,96 por cento e o progresivo deterioro da calidade do emprego, é nefasto.
UGT-Galicia insta aos goberno da Xunta e central a que non caigan no triunfalismo absurdo que, á vista da realidade estatística, non ten razón de ser e se poñan a traballar seriamente cara un novo modelo económico e social no que se contemple unha saída da crise máis xusta e solidaria, e se asegure un cambio de modelo produtivo e emprego de calidade. A isto haberá que sumarlle un aumento das capacidades de actuación públicas (reformar a fiscalidade) e construír un potente sistema de servizos e prestacións públicos.
O Sindicato ten claro que a recuperación só virá cando creza o emprego de calidade, os traballadores e pensionistas recuperen poder adquisitivo e se loite contra a desigualdade e a pobreza.
De nada van servir as medidas laborais impostas polo Goberno e as futuras que se anuncian. De feito, a contratación indefinida e o contrato a tempo completo están cedendo terreo á contratación temporal e a tempo parcial. O Executivo parece renunciar ao traballo a tempo completo como fórmula para crear emprego e intenta suplilo por un contrato a tempo parcial transformado.


EN GALICIA MÁIS DO 64 POR CENTO DOS TRABALLADORES A TEMPO PARCIAL O ESTÁN DE XEITO INVOLUNTARIO


Esta modalidade de contrato a tempo parcial modificado, que ofrece maior disponibilidade dos traballadores, será un duro obstáculo para a conciliación laboral e persoal e, ademais, é un contrato que se utiliza mal en España porque non ten carácter voluntario, é dicir, a gran maioría das persoas que traballan con esta modalidade o fan porque non encontraron un a tempo completo. Concretamente en Galicia máis do 64 por cento dos traballadores a tempo parcial o fan de xeito involuntario.
Tampouco se pode obviar que esta modalidade de contratación estase a convertir nun gran gueto para as mulleres, que representan a máis do 70 por cento dos traballadores do país con este tipo de contrato.
Concretando as cifras, existe un dato salientable, no ano a caída da ocupación, do 3,8 por cento, vese mitigada porque medra a de tempo parcial, un 4 por cento. Rexístrase unha caída do emprego a xornada completa no ano de 44.300 empregos perdidos, fronte ao aumento do tempo parcial en 5.700 persoas máis. Un síntoma máis da precarización do emprego.
Continuando coa análise dos datos, estes reflicten tamén que é un feito innegable que hai menos poboación de máis de 16 anos, 31.400 persoas menos nun ano. Ben por desánimo, ben pola inmigración que retorna aos seus países de orixe ou ben pola emigración da nosa mocidade.Os activos, á súa vez, diminúen en 38.200, é dicir, a parte das razóns anteriormente sinaladas hai unha volta á inactividade por desánimo á hora de atopar traballo.

GALICIA É A SEGUNDA COMUNIDADE EN TERMOS INTERANUAIS CO DESCENSO MÁIS ACUSADO DA OCUPACIÓN

A ocupación cae no trimestre un 1,9 por cento. De feito, Galicia é a terceira comunidade co descenso máis acusado da ocupación en relación ao trimestre anterior. A isto se lle suma que volve caer o número de ocupados novamente do millón. Interanualmente non é boa a ocupación ao seguir baixando nun 3,77 por cento, 38.700 ocupados menos.
Por sexos, a ocupación cae nos dous. No trimestre a feminina nun 0,7 por cento, fronte ao 2,9 por cento dos homes. No ano, o 2,79 por cento entre as mulleres e o 4,61 por cento entre os homes. Así, a taxa de ocupación sitúase en Galicia nun 42,39 por cento, moi afastada dos valores superiores ao 50 por cento que se rexistraban antes da crise.
A taxa de paro é no Estado do 26,03 por cento e en Galicia do 21,96 por cento. Hai un ano nesta autonomía a taxa era do 21,28 por cento.
Entre os homes a taxa de paro é do 22,3 por cento e do 21,6 por cento entre as mulleres. Entre os menores de 25 anos, esta taxa sube ata un perigoso 50,7 por cento, é dicir, máis da metade da poboación activa menor de 25 anos de Galicia está en situación de desemprego.
A poboación asalariada cae en termos interanuais en Galicia en 20.600 persoas. Cae en indefinidos e temporais. No primeiro caso nun 2,2 por cento e unn 4 por cento no segundo.

UN TOTAL DE 143.800 PERSOAS LEVAN EN GALICIA MÁIS DUN ANO EN DESEMPREGO

Tamén resulta moi preocupante o aumento dos parados de longa duración, máis dun ano en situación de desemprego. En Galicia esta cifra ascende a 143.800 persoas e deste total, 98.800 levan máis de dous anos. Pero é que hai tamén 21.100 desempregados máis que buscan o seu primeiro posto de traballo.


NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.
trimestre anterior
mesmo trimestre ano anterior
 EN MILES
%
%
Poboación de 16 e máis anos
2.329,0
-18,5
-0,79
-31,4
-1,33
Inactivos
1.063,9
-0,4
-0,04
6,8
0,64
Homes
443,40
4,2
0,96
6,1
1,40
Mulleres
620,6
-4,6
-0,74
0,7
0,11
Activos
1.265,1
-18,1
-1,41
-38,2
-2,93
Homes
665,6
-15,4
-2,26
-24,0
-3,48
Mulleres
599,6
-2,7
-0,45
-14,2
-2,31
Ocupados
987,3
-18,9
-1,88
-38,7
-3,77
Homes
517,0
-15,6
-2,93
-25,0
-4,61
Mulleres
470,4
-3,2
-0,68
-13,5
-2,79
Asalariados
766,5
-11,2
-1,44
-20,6
-2,62
Con contrato indefinido
592,3
5,0
0,85
-13,3
-2,20
Homes
303,2
2,3
0,76
-14,5
-4,56
Mulleres
289,1
2,7
0,94
1,2
0,42
Con contrato temporal
174,2
-16,2
-8,51
-7,3
-4,02
Homes
82,9
-10,2
-10,96
0,0
0,00
Mulleres
91,4
-5,9
-6,06
-7,2
-7,30
Parados
277,8
0,7
0,25
0,4
0,14
Homes
148,6
0,2
0,13
1,1
0,75
Mulleres
129,2
0,6
0,47
-0,6
-0,46
Menores 25 anos
34,7
-3,0
-7,96
-2,9
-7,71
Nº ocupados por sectores
Agricultura
72,2
-2,9
-3,86
-5,2
-6,72
Industria
150,0
-2,9
-1,90
-8,7
-5,48
Construción
67,0
0,2
0,30
-7,3
-9,83
Servizos
698,1
-13,2
-1,86
-17,4
-2,43
Fogares
Vivendas sen perceptores de ingresos
32,8
1,4
4,5
3,5
12,0
Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados.
92,8
3,6
4,0
0,9
1,0
                                                                                                                                                 
%
2013/IV
2013IIIT
2012/IVT
Taxa actividade
54,3
54,7
55,2
Homes
60,0
60,8
61,2
Mulleres
49,1
49,1
49,8
Taxa ocupación
42,4
42,9
43,5
Homes
46,6
47,5
48,1
Mulleres
38,6
38,6
39,2
Taxa desemprego
22,0
21,6
21,3
Homes
22,3
21,8
21,4
Mulleres
21,5
21,4
21,1
Menores de 25 anos
50,7
47,9
48,3
Taxa temporalidade
22,7
24,5
23,1
Homes
21,5
23,6
20,7
Mulleres
24,0
25,4
25,5



Ocupados por tipo de xornada. Galicia
Total
Completa
Parcial
2012/IV
1.026.000
881.700
144.200
2013/IV
987.300
837.400
149.900
Var. %
-3,8
-5,0
4,0
IGE-INE. Enquisa de poboación activa         
                           
I.G.E. - Instituto Galego de Estatística