mércores, 4 de decembro de 2013

PARO EN GALICIA. MEDRANDO PASIÑO A PASIÑO.



                                               

                                                  



 A saída da crise aínda queda máis lonxe para os galegos
O dato do desemprego feito público hoxe de xeito aillado podería considerarse que aínda sendo malo deixa entrever algo positivo na evolución interanual, cunha suba do paro do 0,98 por cento en Galicia en relación ao mes anterior pero unha caída en termos interanuais do 2,05 por cento (hai que remontarse ao ano 2007 para rexistrar unha baixada interanual do desemprego no mes de novembro). Non obstante, cando se analizan todas as variables que rodean a este dato a percepción é ben diferente. Por unha banda, a forte caída da contratación indefinida en relación a hai un ano, a reforma laboral segue a facer estragos; a taxa de cobertura por desemprego que cae ao 60,45 por cento e xa hai 120.000 parados sen ningún tipo de prestación, co forte risco de exclusión social que isto conleva; e o preocupante nivel de afiliación á Seguridade Social en Galicia, moi por debaixo do millón de persoas.

O paro segue a medrar en novembro en Galicia e, ademais, cae a contratación indefinida, baixa o nivel de afiliación á Seguridade Social e diminúe a protección por desemprego

Para UGT, a recuperación será un feito cando exista un crecemento económico continuo que supoña a creación de emprego de calidade e de    forma sostida

 O dato do desemprego feito público hoxe de xeito aillado podería considerarse que aínda sendo malo deixa entrever algo positivo na evolución interanual, cunha suba do paro do 0,98 por cento en Galicia en relación ao mes anterior pero unha caída en termos interanuais do 2,05 por cento (hai que remontarse ao ano 2007 para rexistrar unha baixada interanual do desemprego no mes de novembro). Non obstante, cando se analizan todas as variables que rodean a este dato a percepción é ben diferente. Por unha banda, a forte caída da contratación indefinida en relación a hai un ano, a reforma laboral segue a facer estragos; a taxa de cobertura por desemprego que cae ao 60,45 por cento e xa hai 120.000 parados sen ningún tipo de prestación, co forte risco de exclusión social que isto conleva; e o preocupante nivel de afiliación á Seguridade Social en Galicia, moi por debaixo do millón de persoas.

 

Para UGT-Galicia, é evidente que, neste contexto, os cambios tan sutís que pretende “vender” o Goberno resultan improcedentes e en nada axudan a mellorar as expectativas dos cidadáns e a situar o problema nos seus xustos termos. O desemprego é o problema máis grande deste país e a loita contra o mesmo debería ser o obxectivo prioritario de todas as políticas púbicas.
Pero tan grave como a insostible situación do desemprego é o empeoramento da calidade do mesmo co conseguinte aumento da desigualdade e pobreza que está xerando a dinámica do mercado laboral, consecuencia directa da nefasta reforma laboral imposta polo Goberno no 2012. Ao respecto, UGT-Galicia advirte que coas reformas laborais regresivas non se conseguirá crear emprego nin facilitar a saída da crise económica. Lembrar que parece que o Executivo pretende impoñer outra nova reforma.
Desta análise tamén se desprende a intensa caída na cobertura das prestacións por desemprego que ten a súa causa directa no impacto das medidas aprobadas en agosto no Real Decreto Lei 11/2013 que introducía novos recortes e restriccións no acceso ás prestacións, que se sumaban aos xa aprobados en xullo de2012. Aconsecuencia está sendo a expulsión dun gran número de desempregados do sistema de prestacións, o que está elevando os niveis de pobreza e desigualdade.
 
 
A RECUPARACIÓN SERÁ UN FEITO CANDO SE CONSTATE UNHA MELLORA DO BENESTAR DOS FOGARES E DAS PERSOAS
En definitiva, a saída da crise queda aínda moi lonxe. A recuperación económica será un feito cando as cifras indiquen que existe un crecemento económico continuo e elevado que supoña creación de emprego de calidade de xeito sostido e que permita unha redución constante do número de desempregados. Cando as melloras nas cifras macroeconómicas se traduzan nunha mellora do benestar dos fogares e das persoas. E isto está lonxe de suceder.
As políticas do Goberno non están contribuíndo a elo. Ao contrario, non apoian a reactivación a curto prazo, non impulsan os elementos esenciais para mudar o modelo produtivo e construír unha economía máis competitiva sobre bases máis sólidas e duradeiras e, especialmente, están desmontando as principais redes de protección social (prestacións por desemprego, pensións ou servizos sociais), contribuíndo decisivamente a elevar a desigualdade e pobreza. Tanto os Orzamentos Xerais do Estado como as contas públicas de Galicia son unha mostra delo, xa que as políticas que conteñen non serven para impulsar a reactivación, mentres recollen importantes recortes en servizos públicos esenciais.
Para alcanzar unha verdadeira recuperación, son necesarias outras políticas que pasan por crear unha verdadeira política industrial, máis e mellores políticas de emprego e un reforzamento das políticas de protección social de dos mecanismos de redistribución da renda.
A análise concreta dos datos reflicte que no mes de novembro hai 270.854 desempregados en Galicia, 2.629 máis que no mes anterior, aumentando o paro no 0,98 por cento. No Estado baixou nun 0,05 por cento. En termos interanuais cae o paro nesta autonomía nun 2,05 por cento e un 2,02  por cento no resto do Estado. Este é un bo dato en relación aos últimos anos. Non se rexistraba en novembro unha caída interanual dende o ano 2007. E, mensualmente, aínda que medra, o fai tamén menos que en períodos anteriores, aínda que isto é lóxico ao estar en máximos as cifras de desemprego.
Por sexos, o desemprego medra entre os homes no mes un 1,18 por cento e no caso das mulleres un 0,79 por cento. En relación ao ano anterior, cae un 3,45 por cento no caso masculino e un 0,73 por cento no feminino.
 
AS ESTATÍSTICAS VOLVEN AMOSAR O EFECTO SAÍDA DOS MÁIS MOZOS
Entre os menores de 25 anos, mensualmente, o paro aumenta nun 3,41 por cento e en termos interanuais a caída foi moi elevada, do 13,3 por cento, o que se explica, un mes máis, pola saída dos máis mozos cara o exterior na busca dunha situación laboral mellor.
Por sectores, o desemprego aumenta no mes no primario, nun 4,86 por cento; nos servizos, nun 1,3 por cento; no colectivo de sen emprego anterior, un 1,02 por cento; na industria, nun 0,29 por cento; e cae na construción nun 0,56 por cento.
Interanualmente, o desemprego cae na construción, o 12,42 por cento; no colectivo de sen emprego anterior, o 7,52 por cento; e na industria, o 3,34 por cento. Medra no primario, o 2,59 por cento e nos servizos, o 1,64 por cento.
Por provincias, medra en todas elas e na que máis en Lugo. En termos interanuais, cae en todas, pero, fortemente, en Ourense.
O número de contratos rexistrados en novembro foi de 55.749, o que supón unha contracción, en relación a outubro, do 24 por cento. En canto ás modalidade de contratación, os indefinidos caen no ano un 6,1 por cento e suben os temporais un 9,3 por cento. É evidente que está a diminuír a calidade do emprego.
 
120.000 PARADOS SEN NINGÚN TIPO DE COBERTURA
Resulta moi preocupante a caída do número de beneficiarios de prestacións en Galicia, un total de 149.025, cunha taxa de cobertura do 60,45 por cento. Hai preto de 120.000 parados sen ningún tipo de cobertura, nunha situación de fortísimo risco de exclusión social. E, daqueles que xeraron dereito, hai preto de 98.000 sen cobrar ningunha prestación.
A isto hai que sumarlle que a contía media da prestación contributiva en Galicia é das máis baixas do Estado, de 787,2 euros ao mes, o que reflicte a precariedade que impera no mercado laboral galego.
Por outra banda, hai que denunciar que a media de afiliados á Seguridade Social é no mes de novembro nesta autonomía de 916.760, cunha caída en relación a hai un ano do dous por cento. Resulta moi preocupante o nivel de afiliación na comunidade, moi por debaixo do millón.