luns, 3 de xuño de 2013

COMISIÓN EXECUTIVA. UGT-GALICIA





A Comision Executiva de UGT-Galicia foi elixida polo 74,4 por cento dos votos

Os delegados asistentes ao 11º Congreso de UGT-Galicia, que se celebrou onte e hoxe en Santiago, veñen de elixir, esta mañá, cun 74,4 por cento dos votos á nova Comisión Executiva de UGT-Galicia, encabezada polo secretario xeral, José Antonio Gómez. Unha Executiva integrada por 7 membros, dous menos que a anterior, catro homes e tres mulleres.

José Antonio Gómez, reelexido secretario xeral

Esta nova Comisión Executiva pasa a ter sete membros, dous menos que a anterior

Os delegados asistentes ao 11º Congreso de UGT-Galicia, que se celebrou onte e hoxe en Santiago, veñen de elixir, esta mañá, cun 74,4 por cento dos votos á nova Comisión Executiva de UGT-Galicia, encabezada polo secretario xeral, José Antonio Gómez. Unha Executiva integrada por 7 membros, dous menos que a anterior, catro homes e tres mulleres.

Así, a nova Comisión Executiva de UGT-Galicia está formada por:
Secretaría xeral, José Antonio Gómez Gómez.
Secretaría de Organización e Área interna, Delia Irene Martínez Conde.
Secretaría de Administracións e Finanzas, Rosa Arcos Caamaño.
Secretaría de Política Sindical, Relacións laborais e Formación, José Domingo Barros Montáns.
Secretaría de Igualdade, Xuventude e Movementos sociais, Mónica Rodríguez Ponte.
Secretaría de Políticas sociais, Saúde laboral e Medio ambiente, José Manuel Rodríguez Portela.
Secretaría Política Institucional e Territorial, José Carlos Rodríguez del Río.
 

NOTA DE PRENSA DE APERTURA DO CONGRESO

NOTA DE PRENSA DE VOTACIÓN DA XESTIÓN

NOTA DE PRENSA SOBRE RESOLUCIÓNS DO CONGRESO

NOTA DE PRENSA DE CLAUSURA

RESEÑAS BIOGRÁFICAS DA NOVA COMISIÓN EXECUTIVA