mércores, 17 de abril de 2013

OS TRABALADORES DE DAVIÑA SEGUEN A LOITA




                                                                                                                                                                   
Trabajadores de Daviña hoy ante Raxoi - FOTO: F.Blanco
                                                                                                                                                                   
 
 




Unha treintena de traballadores da empresa Daviña protestaron esta mañá, diante do Concello de Santiago, polos "despedimentos sen indemnización" que se efectuarán a partir do día 23 de abril.
Daviña é unha empresa con sé en Santiago que conta con 52 traballadores e máis de 100 anos de tradición e dedícase a instalacións eléctricas, entre elas a concesión do mantemento do alumado público da capital galega.
Detrás dunha pancarta que rezaba "Non aos despedimentos en Daviña", os traballadores afectados protestaron polo recorte do persoal e han entonado lemas como: "queremos traballar, non mendigar".
Trala aplicación dun ERE en novembro de 2011 este mes comunicóuselle aos traballadores o despedimentos de 32 deles.
Antonio López, portavoz dos empregados de Daviña, denunciou que "non hai ningunha forma de negociar nada con eles" e que serán botados "á rúa sen cobrar un duro".
Xustificou a concentración ante o Concello por tratarse dun dos clientes que ten a empresa e que lle debe unha cantidade "forte de diñeiro", explicou López durante o acto.
Subliñou, ademais, que no caso de que o Concello pagase a débeda contraída, a empresa de instalacións eléctricas podería facer fronte a unha cantidade mínima de diñeiro para que os traballadores "non se fosen a casa sen un duro".
Ante as erradas negociacións que se levaron a cabo coa empresa, Antonio López dixo que supuxeron unha perda de tempo, polo que continuarán con movilizaciones "ata que chegue o día que nos dean as cartas de despedimento".