enquisa de poboación activa
Cifras arrepiantes: 6.202.700 parados en España e 287.400 na comunidade autónoma galega
En Galicia, o número de desempregados subiu en 10.000, e a taxa púxose no 22,35% // No conxunto do Estado, o desemprego subiu en 237.400 persoas no primeiro trimestre e a taxa de
paro vaise ao 27,16% // Destruíronse 322.300 empregos até marzo
MADRID/SANTIAGO. EP
O paro subiu en 237.400 persoas no primeiro trimestre respecto ao trimestre anterior, un 4% máis, situándose o número total de desempregados en 6.202.700 persoas, cifra inédita até agora para a economía española.
A taxa de paro escalou ao peche de marzo até o 27,16%, porcentaxe 1,1 puntos superior ao do trimestre anterior (26,02%), segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita hoxe pública polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
A taxa de paro alcanza así o seu nivel máis alto da serie histórica comparable, que arrinca en 2001. Remontándose máis atrás, utilizando series non comparables, os datos só abarcan até 1976. En ningún trimestre desde entón rexistrouse unha taxa de desemprego tan elevada como a actual.
O repunte do desemprego no primeiro trimestre do ano é inferior ao aumento rexistrado en igual período de 2012 (+365.900 desempregados), pero supera ao do primeiro trimestre de 2011 (+213.500 persoas). Nos primeiros trimestres de 2008, 2009 e 2010, o desemprego aumentou en maior medida do que o fixo entre xaneiro e marzo deste ano.
No último ano, o paro incrementouse un 10%, con 563.200 desempregados máis, mentres que se perderon case 800.000 ocupados, un 4,6%.
Só no primeiro trimestre deste ano destruíronse 322.300 empregos (-1,9%), cifra inferior á do primeiro trimestre de 2012 (-374.300 ocupados) pero superior á dos anos 2011 (-256.500) e 2010 (-251.800). Marzo pechouse así cun total de 16.634.700 ocupados.
Dos 322.300 empregos destruídos até marzo, 251.000 pertencían ao sector privado (-1,8% respecto ao trimestre anterior) e 71.400 ao sector público (-2,4%).
No primeiro trimestre de 2013, o número de asalariados diminuíu en 312.800 persoas (-2,2%), dos que 194.400 tiñan contrato temporal (-6%) e 118.400 tiñan contrato indefinido (-1,1%).
EN GALICIA, 287.400, CUNHA TAXA DO 22,35%
O paro subiu en 10.000 persoas en Galicia no primeiro trimestre do ano, en relación co tres meses anteriores, e alcanzou a cifra dos 287.400 desempregados, cunha taxa que se elevou até o 22,35%, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
En toda España, paro incrementouse en 237.400 persoas no primeiro trimestre respecto ao trimestre anterior, un 4% máis, situándose o número total de desempregados en 6.202.700 persoas, cifra inédita até agora para a economía española.
A taxa de paro escalou ao peche de marzo até o 27,16%, porcentaxe 1,1 puntos superior ao do trimestre anterior (26,02%), segundo os datos da EPA.

un único ente
A CRTVG inicia o camiño cara a transformación en corporación
SANTIAGO. EP | 23.04.2013
O voceiro do PPdeG para os asuntos relacionados cos medios públicos, Agustín Baamonde, asegurou que neste mesmo mes de abril e en maio haberá dados novos pasos para a transformación da CRTVG en corporación, unha actuación enmarcada na posta en marcha da lei aprobada na pasada lexislatura xunto ao PSdeG.
Estase a traballar intensamente para solucionar este problema (que sexa un único ente), na análise xurídica e de suficiencia e na elaboración de material dos mecanismos necesarios para a transformación", explicou Baamonde durante o debate dunha proposición non de lei impulsada pola deputada socialista María Quintas, quen pide axilizar os pasos de maneira que se poñan en marcha os mecanismos previstos para poñer en funcionamento a lei.
"Xa están en marcha eses mecanismos", respondeu Agustín Baamonde para rexeitar os termos da iniciativa, ofrecendo a súa emenda como fórmula para chegar a un pacto cos socialistas. Nela, ínstase a "seguir" co desenvolvemento das actuacións co fin de que estea constituída en corporación "antes do inicio do próximo período de sesións", unha "emenda --dixo o deputado popular-- realista".
Pero a deputada socialista defendeu o prazo "dun mes" estipulado na súa iniciativa, o cal lle parece que "non é pedir nada raro", e acusou ao PPdeG de atrasar a aplicación da lei "para non poñer os trapos sucios (do PP) e para manipulalos".
"REMATOU A PLURALIDADE"
"Rematouse a pluralidade", lamentou a deputada socialista, quen afirmou que o PSdeG "tivo intención de que houbese pluralidade", de aí o compromiso coa reforma da lei da CRTVG.
Pola súa banda, a vicevoceira do Grupo Parlamentario de AGE, Yolanda Díaz, anunciou o voto en contra a esta iniciativa --será sometida a votación este mércores-- porque non está a favor da lei aprobada na pasada lexislatura, e lamentou o "nesgo partidario" das informacións do ente.
Mentres, a deputada do BNG Montse Prado remarcou a aposta por uns medios "públicos e na lingua" propia que ten a súa formación, que se descolgou da lei na pasada lexislatura no medio do relatorio conxunto iniciado das tres forzas que había entón, e remarcou a necesidade de dar unha información "veraz".