
21 de marzo, Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
► UGT elaborou un informe no que pon en valor a imprescindible achega das persoas inmigrantes e denuncia as discriminacións que continúan sufrindo no ámbito laboral.
► España perdería 2.820.800 persoas activas sen a achega das persoas de dobre nacionalidade e de nacionalidade estranxeira. Por outra banda, o 20´4% da poboación de nacionalidade española son maiores de 65 anos, fronte ao 6´7% de nacionalidade estranxeira.
► Este colectivo sofre máis paro, máis precariedade e parcialidad nos contratos e traballan, maioritariamente, nos sectores de actividade coas ganancias anuais máis baixas. Así, España ocupa o primeiro lugar dos Estados membros da Unión, en traballadores con risco de pobreza nacionais de terceiros países.
► UGT insta os partidos políticos a que respecten os dereitos das persoas inmigrantes e as normas internacionais e nacionais e eviten, no marco deste proceso electoral, terxiversar, ou directamente mentir, acerca das migracións, pretendendo xerar rexeitamento e discriminación.
Con motivo do 21 de marzo, Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, a Unión Xeral de Traballadores elaborou o informe “Poboación traballadora estranxeira: da precariedade á igualdade” que inclúe datos de paro, pobreza e precariedade laboral nos diferentes Estados Membros da Unión Europea, e unha breve análise da poboación e o impacto positivo da migración en termos de idade e poboación activa, así como a concentración en determinados postos de traballo.