venres, 15 de febreiro de 2019

SALARIOS


UGT chama ás organizacións empresariais a ser consecuentes cos compromisos adquiridos e concretas subidas salarias superiores ao 2% na negociación colectiva. 

Os prezos baixaron un 1,3% no mes de xaneiro en relación co mes anterior, segundo o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) publicado hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), mentres que a taxa interanual situouse no 1,0% cunha diminución de 2 décimas respecto ao mes de decembro. 

A orixe deste crecemento contido da inflación está moi relacionado co descenso dos prezos do petróleo respecto os rexistrado a comezos de 2018 e tamén cunha baixa tendencia na inflación subxacente (por baixo do 1.0%). Respecto á baixada do mes explícase sobre todo polo efecto das rebaixas. 

Tendo en conta que a economía española mantén un ritmo de crecemento levemente máis moderado que en anos anteriores, pero aínda alto, unido ao crecemento contido da inflación, UGT considera que estamos nun escenario favorable para a revalorización dos salarios nos termos acordados entre as patronais CEOE e CEPYME e as organizacións sindicais UGT e CCOO.

Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva. O 2,08 de subida salarial pactada nos convenios asinados en 2018 axustouse á franxa mínima das revalorizacións pactadas, algo que o sindicato considera claramente insuficiente. 

 En consecuencia, UGT fai un chamamento ás organizacións empresariais a actuar en consecuencia cos compromisos adquiridos e concretar nas mesas de negociación dos convenios colectivos abertos subidas salariais superior ao 2%, así como a revalorización extra dos salarios mínimos de convenio para situalos no mínimo de 1.000 euros mensuais en 14 pagas.