Nunha primeira análise os datos da EPA facilitados hoxe
reflicten unha caída no cuarto trimestre de 2018 do paro en 4.100
persoas, o 2,65%. Se ben estes datos nun primeiro momento poderían
parecer positivos, aínda que a ocupación continúa afastada dos
valores superiores ao 50% de antes da crise, unha análise máis
detallada das estatísticas apunta a altas taxas de temporalidade,
precariedade e grandes dificultades para as familias galegas.